Información Xeral

BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI E VII

Enviado por prof_mvr o Ven, 06/04/2018 - 06:09

O CONCELLO DA CORUÑA OFERTA EN ABRIL 28 PRAZAS PARA TITULADOS EN CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP PARA DESENVOLVER PRÁCTICAS EN EMPRESAS EUROPEAS

Do 2 ao 29 de abril estará aberto o prazo de inscrición para participar nos programas educativos Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI e VII, a través dos cales persoas tituladas en ciclos medios e ciclos superiores de FP poderán realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de Austria, Italia, Irlanda, Francia e Portugal.

O programa Acoreuropa VI, na súa terceira convocatoria, oferta 18 bolsas para persoas tituladas en ciclos medios de FP en decembro de 2017 ou que vaian a titular en xuño de 2018, mentras que o Acoreuropa VII oferta 10 bolsas para persoas tituladas en ciclos superiores en decembro de 2017 ou xuño de 2018. As mobilidades desenvolveranse de mediados de setembro a mediados de decembro deste ano.

A inscrición podese facer a través das correspondentes fichas habilitadas na web educativa municipal (www.edu.coruna.es), se ben posteriormente deberán presentar nalgún rexistro municipal ou doutras administraciones a documentación requerida e que ven indicada nas bases dos programas.

 O proxecto Acoreuropa é desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, contando coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

As bolsas cubren os gastos de desprazamento e aloxamento, ademáis da búsqueda de empresa e un contrato non laboral de tres meses de duración en empresas de Italia, Irlanda, Austria, Francia e Portugal. Tamén inclúen un seguro de responsabilidade e unha cantidade variable en función do país para colaborar na manutención e estadía das persoas participantes.

 CONSULTA DAS BASES NOS FICHEIROS ADXUNTOS

MÁIS INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS NO:

Nos propios centros ou no Servizo Municipal de Educación, en Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. Correo-e: educación@coruna.es e teléfono: 981 184 200, extensión 12114

Reunión informativa Erasmus+: mobilidades Setembro/Decembro 2018

Enviado por lcc o Xov, 05/04/2018 - 04:23

O vindeiro mércores, 11/Abril/2018, as 19:30h, na Aula de Usos Múltiples, terá lugar una sesión informativa sobre as becas Erasmus+ para facer mobilidades de prácticas no estranxeiro no período Setembro-Decembro 2018.

Dirixida a os alumnos de 2º curso de Ciclos Superiores de Formación Profesional que estean en disposición de facer as súas prácticas en empresa (FCT) no período indicado.

( categories: )

Mobilidades Erasmus+ Setembro/2018

Enviado por lcc o Ven, 23/02/2018 - 04:52

O alumnado que titulará en xuño 2018 e o que teña que facer a as súas prácticas en setembro 2018 ten a posibilidade de gozar dunha  mobilidade Erasmus+ de 90 días dentro do programa Praxeuropa que xestiona a Dirección Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Prégase os alumnos que  estean interesados en gozar  dunha destas  bolsas Erasmus o comuníquen a maior  brevidade en Xefatura de Estudos. 

Listaxe definitiva: Asignación de mobilidades programas Erasmus+ 2017

Enviado por lcc o Mar, 23/01/2018 - 14:36

Dáse publicidade a listaxe definitiva do alumnado seleccionado, tanto para as mobilidades que ten adxudicadas o IES Fernando Wirtz no seu propio programa, como as adxudicadas no consorcio PRAXEUROPA, xestionado pola Subdirección Xeral de FP, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Os alumnos sinalados efectuarán a súa estancia formativa no período marzo-xuño 2018.

Listaxe provisional: Asignación de mobilidades programas Erasmus+

Enviado por lcc o Mér, 17/01/2018 - 06:33

Unha vez reunida a comisión avaliadora dáse publicidade a listaxe provisional do alumnado seleccionado, tanto para as mobilidades que ten adxudicadas o IES Fernando Wirtz no seu propio programa, como as adxudicadas no consorcio PRAXEUROPA, xestionado pola Subdirección Xeral de FP, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

( categories: )

Proba de idioma alumnos Erasmus+

Enviado por lcc o Ven, 01/12/2017 - 06:16

A proba de idiomas para os alumnos que presentaron a solicitude de inscripción para as mobilidades Erasmus+ marzo/xuño 2018 realizaranse o día 20/12/2017 as 12:30h.

Reunión informativa ERASMUS+

Enviado por lcc o Ven, 27/10/2017 - 07:13

Reunión informativa ERASMUS+ dirixida a alumnos de Ciclos Superiores

Falarase sobre as Mobilidades Abril/Xuño 2018 para facer a FCT no estranxeiro

Alumnos de CS de réxime ordinario:

Día:    Venres, 27-outubro-2017

Hora:  11:00h

Lugar: Aula 21

 Alumnos do CS Asistencia a Dirección:

Día:    Luns, 30-outubro-2017

Hora:  19:30h

Lugar: Aula A31

Reunión Erasmus+ para alumnos de Ciclos Superiores de FP do réxime de persoas adultas

Enviado por lcc o Mér, 31/05/2017 - 06:49

Reunión informativa ERASMUS+ dirixida a alumnos de Ciclos superiores do Réxime de Adultos.

Falarase sobre as Mobilidades Setembro 2017 para facer a FCT no estranxeiro

Día:    Luns, 05-xuño-2017

Hora:  19:00h

Lugar: B02 - Sala de usos múltiples

ACOREUROPA VI. 1ª CONVOCATORIA

Enviado por prof_mvr o Mar, 04/04/2017 - 12:47

O Concello da Coruña abrirá o luns 3 de abril o prazo para a inscrición no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI.1ª CONVOCATORIA, que permitirá que 25 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia. 

Inscrición na web educativa do Concello (www.edu.coruna.es) a través dunha ficha específica  e presentando a documentación exisida nos rexistros municipais. O proceso de selección dos participantes se desenvolverá durante os meses de abril a xuño e as persoas seleccionadas poderán facer as súas prácticas formativas durante os meses de setembro a decembro de 2017.

Nos adxuntos pode consultarse información completa e bases da convocatoria

BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA V

Enviado por prof_mvr o Mar, 14/02/2017 - 13:00

Dez titulados e tituladas en ciclos superiores de Formación Profesional que terminaron os seus estudos durante o último curso poderán facer as súas prácticas formativas a partir de abril en diversos países europeos grazas ao programa educativo municipal Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V.

As dez persoas foron seleccionadas entre as cerca de 40 candidatas presentadas, nun proceso no que participaron ademais do Servizo Municipal de Educación e a Deputación Provincial a Coruña os centros que son socios do proxecto: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Eusebio da Guarda e IES Imaxe e Son.

Na selección das persoas participantes tiveronse en conta aspectos como a nota medio do ciclo, os coñecementos de idiomas extranxeiros e a valoración dos propios centros, como elementos fundamentais.

As prácticas desenvolveranse desde o 21 de abril ata o 19 de xuño en Florencia (Italia), Lisboa (Portugal), Belfast (Reino Unido) e Cork (Irlanda). O Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), xunto co Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, asumen o financiamento do programa, de tal xeito que os bolseiros teñen cubertos os gastos da viaxe, o aloxamento nos países de destino, un seguro de responsabilidade e sanitario, e reciben ademáis unha axuda económica para a manutención e estadía.

O Concello encargase tamén da búsqueda das empresas donde farán as prácticas, onde terán un titor para o seguemento da súa formación.

As persoas seleccionadas finalmente están tituladas en Guía, Información e Asistencia Turística, Agencia de Viaxes e Xestión de Eventos (2), Audioloxía Protésica, Producción de Audiovisuales e Espectáculos, Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Comercio Internacional (2) e Dirección en Servicios de Restauración (2). Os centros de procedencia son Eusebio da Guarda, Anxel Casal, Ramón Menéndez Pidal, Imaxe e Son e Paseo das Pontes.

O programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V ten un coste aproximado de 51.000 euros, dos que 10.500 son aportados polo SEPIE, mentras que a Deputación da Coruña aportará outros 15.000, asumindo o Concello da Coruña a aportación dos 25.000 euros restantes. O proxecto conta tamén coa colaboración das asociacións de xoves empresarios Ascega e AJE Marineda. 

Por outra parte, nas próximas semanas comezará tamén o proceso para a selección dos 50 estudantes de ciclos medios de Formación Profesional que poderán participar no programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI. Este programa estará dividido en dúas convocatorias de 25 prazas cada unha. A primeira poderán optar os/as titulados/as en ciclos medios en decembro de 2016 e os/as titulados/as en ciclos medios en xuño de 2017, con prácticas que se desenvolverán durante tres meses, de setembro a decembro de 2017. Os países de destino serán Irlanda, Austria, Francia, Portugal e Italia.

As bolsas inclúen os gastos da viaxe, o aloxamento, un seguro de responsabilidade e sanitario, a búsqueda da empresa e unha axuda económica para a manutención e estadía.

A este programa poderán optar as persoas que terminen os seus estudos nos seguintes centros: CIFP Anxel Casal, CIPF Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, Liceo la Paz, Centro de Formación da Cruz Vermella e Grande Obra de Atocha.

 

Os e as interesadas poderán obter máis información nos respectivos centros educativos ou no Servizo Municipal de Educación, nos teléfonos 981 184200, extensións 12114 e 12038, ademais da web educativa municipal (www.edu.coruna.es).

Distribuir contido