Skip to Content

Galería de imaxes, 2008-2009, 2009-2010, 2011-2012

Imaxes da Viaxe a Ferrol dos alumnos de 1º e 2º da ESO.

Podedes ver as imaxes en distintos formatos e descargalas desde Flickr.

A auga e a vida: "Ao son da auga"

 
 

O martes 10 de marzo saímos camiñar ao son do río Regueira para ver a depuradora que están construíndo e máis o río e o seu contorno.

A camiñata que fixemos as alumnas e alumnos de 1º de ESO empezaba ao saír do Instituto. Fomos pola estrada de Regosanguento, vimos a depuradora nova e logo comezamos a ruta por un camiño de asfalto rodeado de bonitas paisaxes e con olor a eucalipto.

Vimos uns invernadoiros que están en Vila e tamén cabras, ovellas... Despois, ao chegar a un cruce onda Casa Abad collemos cara abaixo pra empezar a ruta “Ao son da auga” realmente, o que nos fixo recordar que nenos e nenas doutros países non teñen auga para beber e nós, que a temos en grandes cantidades e podémola usar para o que queiramos, estámola desperdiciando.
O menos bo da excursión foi que nos pareceu que o río non estaba todo o limpo que debera porque había unha especie de escuma branca, plásticos..., pero quizais o ciclón Klaus axudou a que parecera máis do que é realmente.

Pasámolo moi ben e aproveitamos todo o que puidemos sacando fotos e, sobre todo, aprendendo.

Ver ás imaxes a maior tamaño

Actividades Extraescolares no IES Illa de Saron

Neste Album de Fotos podes ver varias das actividades desenvolvidas no Centro nos últimos días:

  • Fotos do reparto de agasallos do "Amigo Invisible" que se levou a cabo o día de inicio das Festas do Nadal.
  • Fotos do Obradoiro de Tapiz realizado os días 19 e 21 de Xaneiro, impartido por un monitor do centro de Artesanía e Deseño da Diputación de Lugo.
  • Fotos da Viaxe a Madrid dos alumnos de 4º da ESO para asistir a un musical.

Pulsa sobre a imaxe para acceder ó Álbum coas tres galerías

galeria imágenes

“Empatía cos nenos e nenas do Yemen”

 
 

O pasado 18 de decembro os nenos e nenas do IES Illa de Sarón saímos de excursión, íamos buscar auga a unha  fonte de Xove. 

Esta actividade forma parte do feixe de actividades programadas dentro do Proxecto Interdisciplinar que desenvolvemos neste curso, baixo o nome “Por unha pinga de auga”. O obxectivo da visita foi o de poder apreciar o traballo e o esforzo que supón o feito de ter que percorrer moitos kilómetros para poder coller auga e transportala por nós mesmos para o consumo familiar.a semellanza dos nenos e nenas do Yemen, un país que tamén estudiamos a propósito deste proxecto, onde comprobamos que unha das tarefas dos nenos e nenas yemenís é a de ir buscar este ben preciado lonxe das súas casas e voltar con ela aos seus fogares para o consumo familiar., unha tarefa difícil sobre todo cando hai que facela a cotío. 

Saímos andando do IES, levamos garrafas para poder traer auga e despois de andar sobre kilómetro e medio chegamos á fonte. Polo camiño había que andar amodiño xa que os tratores que sacaron madeira do monte non deixaron a estrada en moi bo estado, pero atopamos diferentes especies de prantas, as diferentes árbores, etc. 

Aínda que intentamos pornos en lugar dos nenos e nenas yemenís, non o conseguimos, a humildade do ambiente, a vegetación e a tranquilidade de saber  que nós non temos escasez de auga  son bens dignos de apreciar e que non teñen comparación con levantarse antes de que saia o sol, levar garrafas de auga na cabeza kilómetros e kilómetros para abastecer de auga ás súas familias, iso sí, cando a hai. 

Pero pasámolo moi ben todos xuntos e aprendemos moitas cousas e sí nos demos conta que levar só tres ou catro litros de auga  nunha garrafa e na cabeza non resulta nada fácil e sobre todo pensando que  algún e algunha de nós tiña que mudar de roupa namais chegar á casa.

Ver ás imaxes a maior tamaño

Obradoiro de Automaquillaxe.

O Martes 16 de Decembro, dentro das actividades do PLAN VALORA, tivo lugar no Centro un Obradoiro de automaquillaxe. O Obradoiro foi impartido por Lucía Ferro, do Salón de Belleza do mesmo nome, situado en Covas. Podes ver as imaxes a maior tamaño neste enlace.

Obradoiro de automaquillaxe
 

O Espectáculo da Palabra.

A Semana pasada actuou no Conta Contos, Cándido Pazós, con "O Espectáculo da Palabra" moi ben acollido polos alumnos. Só contamos con dúas fotos do acto que poñemos.

 

O Conta Contos
 

Actos pola eliminación da violencia contra as mulleres

Pulsa sobre a imaxe para ver unha galería coas actividades desenvolvidas no Centro o luns 25 dentro dos Actos do día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.

 

Non a Violencia

 

Celebración do Samaín

O pasado venres, 24 de Outubro, celebrouse no Centro a festa do samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.

Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do samaín á cultura americana, sendo máis semellante a un entroido), que poderían ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX.

Pulsa sobre a imaxe para ver una galería de fotos da festa no Instituto, organizada polos alumnos de 4º de ESO.

 

foto do samain

 

Máis información sobre o Samaín:

Reportaxe sobre o Samaín en Vieiros da Escola

A tradición en Galicia

O Aninovo Celta

O Samain na Wikipedia

Taller de DJ impartido polo DJ KARRAS MARTÍNEZ

O Mércores 15 de Outubro, de 16:30 a 18:30 tivo lugar o Taller de DJ, impartido polo DJ KARRAS MARTÍNEZ, actividade que forma parte do programa PLAN VALORA. Pulsando sobre a imaxe podes ver fotos das actividades levadas a cabo polos alumnos.

 

Galería Imaxes Taller DJ
Distribuir contido


by Dr. Radut