PROGRAMACIÓN ACTOS EDUCACIÓN NA II REPÚBLICA
Enviado por aniceto en 11. Abril 2012 - 12:05.As actividades que figuran con letra negra son as dirixidas ao alumnado do Centro
As actividades que figuran con letra azul son as dirixidas ao público en xeral (profesorado, alumnado, nais-pais, …)
MARTES 10 ABRIL:
11:30 h. Reunión informativa do profesorado
19:00 h. Organización e montaxe de exposicións
Coordina: Dulce López
**************************
MÉRCORES 11 ABRIL
12:50 h. Proxección do documental
“LA ESCUELA OLVIDADA” de Sonia Tercero
Coordina: Anselmo Lorenzo
16:30-21:00 h. Visita ás exposicións
20:00 h. Video-forum: “LA ESCUELA FUSILADA”
de Iñaki Pinedo e Daniel Álvarez
Coordina: Ramón Casas
**************************
XOVES 12 ABRIL
12:00 h. Proxección do documental
“LAS MISIONES PEDAGÓGICAS (1934-1936)”
de Gonzalo Tapia
Coordina: Alberto Aguado
16:30-21:00 h. Visita ás exposicións
20:00 h. CELSO DOURADO:
Presentación de varias obras dunha serie de cadros dedicados á II República.
CARLOS NUEVO CAL:
Conferencia-coloquio:
“MESTRES E MESTRAS REPUBLICANOS NA MARIÑA”
Coordina: Ramón Casas
**************************
VENRES 13 ABRIL
12:00 h. Proxección da película.
“A LINGUA DAS BOLBORETAS”
de José Luís Cuerda
Coordina: Inma Gayoso
CONCURSO DE DECLARACIÓNS DE AMOR EN LINGUA GALEGA
Enviado por uxio en 10. Febreiro 2012 - 20:22.


BASES DO CONCURSO:
1. O certame consiste na elaboración dunha declaración de amor en lingua galega.
2. Poderá participar todo o alumnado da ESO, PCPI e Ciclo.
3. A declaración deberá ser orixinal e inédita e non debe superar os 350 caracteres (incluídos espazos en branco). Poderán estar escritas en prosa ou verso . A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.
4. As mensaxes serán enviadas como comentarios a esta noticia na páxina web do centro. Entrade nela co nome de usuario: alumno e contrasinal: alumno E lembrade asinar a mensaxe co voso nome!!
5. Establecerase un máximo de cinco mensaxes por concursante.
6. Haberá tres gañadores que recibirán como agasallo un vale dunha libraría de Xove, que poderán gastar en material escolar, libros, recargas para móbiles, etc. O gañador recibirá un bono de 30€, o 2º clasificado, un de 20€ e o 3º, de 10€.
7. As declaracións gañadoras publicaranse na páxina web do centro.
8. A data límite de envío é o 2 de marzo.
9. O xurado estará composto polo profesorado integrante do Equipo de Dinamización e Normalización.
10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!
LOTERIA DO SORTEO DO NENO 2012
Enviado por admin en 27. Decembro 2011 - 18:18.
As participacións de lotería para o Sorteo do Neno do 6 de Xaneiro de 2012 vendidas polos alumnos e alumnas de 4º de ESO corresponden aos seguintes números:
60720 e 78475
Por un erro de imprenta algunhas participacións ( papeletas de cor azul) teñen dúas cifras centrais do segundo número intercambiadas (78745). Son válidas, pero os números correctos son os anteriormente indicados (60720 e 78475)
BOAS FESTAS E FELIZ ENTRADA NO 2012!
PROPOSTAS DE LECTURA PARA O NADAL
Enviado por admin en 20. Decembro 2011 - 16:53.O Equipo de Biblioteca do IES "Illa de Sarón" recomendavos que dediquedes parte do tempo durante o Nadal á lectura dun libro.
Deixamosvos unha proposta de lecturas no seguinte ficheiro adxunto.

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera, olvidado un alma que perdona, destruído un corazón que llora" Proverbio Hindú.
Corresponsabilidade 2011
Enviado por uxio en 15. Decembro 2011 - 12:58.
25 de Novembro: Día Internacional de loita contra a violencia de xénero
O alumnado de secundaria e PCPI colaboraron en actividades que tiñan por obxectivo: “fomentar a corresponsabilidade”. As actividades foron: tender roupa, facer a cama, poñer botóns, programar a compra para a fin de semana, tarefas propias de xardinería, montar e desmontar unha estantería,...
Pasámolo ben! Os campións e campionas : 3º ESO!. Noraboa!
LIMPAMOS A PRAIA DE LAGO (XOVE)
Enviado por uxio en 21. Novembro 2011 - 19:38.
O pasado venres 4 de novembro a comunidade
educativa do IES Illa de Sarón adicamos a xornada de
tarde a limpar a Praia de Lago. Recollemos todo tipo
de lixo e aproveitamos para recoller en fotografías
testemuñas da flora e da fauna da praia.
Traballamos moito e pasámolo ben!
E se queres ver máis dalle aquí.

