Skip to Content

Libros de Texto - Curso 2023/24

AVISO: O libro de lingua castelá para 3º ESO é ANAYA ISBN: 9788414304761

AVISO: O libro de lectura de inglés para 4º ESO é Drácula ISBN: 978-9963-48-8834

Podes descargar o documento premendo na seguinte ligazón:

 

Premio extraordinario de FP

Matrícula alumnado ESO

Admisión Ciclos FP. Curso 2023/2024

Con independencia do réxime solicitado, ordinario ou para as persoas adultas, os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2023-2024 serán:
Prazo ordinario: do 23 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 5 de xullo.

Deberá cubrirse unha única solicitude para cada réxime, modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp/
A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para que sexa unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos para ser selada, datada e validada.
O procedemento de solicitude e matrícula en 2º curso ordinario non está centralizado, non poderá utilizarse o asistente web para realizar a solicitude.

Calendario admisión réxime ordinario e persoas adultas:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10192

Calendario admisión FP Dual:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10193

Máis información:
http://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp

CP Innova

Donas de sí

CP Innova

Para celebrar o fin de curso cun 100% de aprobados en mates sin facer ningunha recuperación, o alumnado de 2° ESO está a disfrutar dun taller de papiroflexia no que todo o alumnado participou de moi boa gana.

A papiroflexia fomenta a imaxinación, a visión espacial e a motricidade fina, ademáis das ganas de xogar e de compartir ideas cos compañeiros e compañeiras.

Aquí vos deixamos algunhas das súas creacións!!

Donas de sí

Para rematar este proxecto, o alumnado de 3º ESO estivo a buscar cancións que traten a igualdade de xénero, o empoderamento e a importancia da muller.

Esperamos que vos gusten as cancións elexidas!!!!

Correspondentes Xuvenís

CP Innova: Concurso fotográfico "As mates están aí!"

Un ano máis, o departamento de matemáticas organizou o concurso fotográfico As Mates Están Aí. Realizamos unha exposición cos traballos recibidos. Aquí vos deixamos unha mostra das fotos entregadas.

Temos que felicitar aos gañadores desta edición do concurso fotográfico.

Na categoría de 1° e 2° ESO:
       Samuel Cociña

Na categoría de 3° e 4° ESO:
       Enma Buján

Parabéns aos gañadores!!

Distribuir contido


by Dr. Radut