Skip to Content

Panxoliña: 2º e 3º ESO

Este Nadal o alumnado de 2º e 3º ESO interpretaron unha panxoliña en linguaxe de signos.

Aquí tedes o vídeo:

CP Innova: Actividades de Nadal. Dpto. de matemáticas

Esta última semana de clase, adicamos as clases de matemáticas a repasar contidos do trimestre xogando.

  • En 2ºESO fixemos un Bingo no que repasamos as ecuacións vistas na última unidade.
  • En 3ºESO tivemos tempo a facer un bingo e a xogar unhas partidas co Taboleiro do Valor Numérico, repasando así, os contidos da última unidade.

En 4ºESO fixemos un bingo de Polinomios, repasando os contidos da última unidade vista este ano.

O alumnado pasouno xenial e todos tiveron un pequeno agasallo.

 

Donas de si. Felices festas

A responsable de Igualdade do noso centro preparou un Belén moi especial no que son as Raiñas Magas as que levan os regalos aos nenos e nenas dunha pequena vila.

Felices festas!!!

CP Innova: Pirámide de Sierpinski

Dentro do Contrato Programa Innova queremos aumentar a curiosidade e o gusto polas ciencias e a Xeometría Fractal é unha parte das matemáticas que conecta coa vida diaria. Neste caso, o alumnado de 1ªESO elaborou unha pirámide empregando os fractais, chámase Pirámide de Sierpinski, en honor ao matemático polaco que a inventou. A partir dunha pirámide calquera, seguindo un patrón de construccións, obtemos a nosa especial Árbore de Nadal.

Esperamos que vos guste!!!

Plan Proxecta: Donas de si

Este curso decidimos renomear os corredores e as aulas do noso centro con nomes de científicas coñecidas.

Empezamos a nosa actividade investigando a vida e os éxitos científicos dalgunhas científicas galegas contemporáneas.

Aquí vos deixamos algúns dos traballos realizados.

CP Innova: Entrega de premios Concurso de enigmas matemáticos

Un ano máis, o Departamento de Matemáticas organizou o Concurso de enigmas matemáticos no que participou todo o alumnado da ESO.

Nesta edición os gañadores foron:

  • Christian Villarquide (2º ESO)
  • Miguel Fra (4º ESO)

Moitas grazas a tódolos participantes e noraboa aos gañadores!!

Presentación do Equipo de Correspondentes Xuvenís

PVAD - Proxectos de vida activa e deportiva

Durante este curso 2022/2023 o noso centro participará nos Proxectos de vida activa e deportiva - PVAD.

Podes consultar máis información sobre o proxecto na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19909

CP Innova: Concurso Enigmas Matemáticos

Horario de atención a familias

Podedes consultar o horario de atención no ficheiro adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut