Skip to Content

Concurso de fotografía: Premios

Un ano máis, o Departamento de matemáticas organizou o concurso de fotografía "As mates están aí". Con el, queremos que o noso alumnado sexa consciente de que as matemáticas non so se atopan nos libros de texto.

Nesta ocasión os gañadores foron:
                     Categoría A: Samuel Cociña
                     Categoría B: Enma Buján e Noah Posada

Moitas grazas por participar e noraboa aos gañadores!!!!!!!!

 

Datas dos exames finais dos módulos do CS PPMMP

Podes consultar as datas no ficheiro adxunto pulsando aquí.

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Publicada a convocatoria das axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2022-2023.

Poderá pedirse dende o 19 de maio ata o 30 de setembro.

Consulta a información no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html#

Tamén podes consultar a convocatoria no seguinte enlace:

 

Axudas para adquirir material escolar

Está publicada a orde do 29 de abril de 2022 que regula as axudas para adquirir material escolar para o alumnado.

Ao estar o noso centro no programa EDIXGAL non nos afecta o fondo solidario de libros de texto.

Podedes consultar toda a información na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Datas dos exames finais dos módulos do CM Sistemas Microinformáticos e Redes

Podes consultar as datas no ficheiro adxunto pulsando aquí.

Plan Proxecta: Clases sen fume

O alumnado de 2ºESO xa ten lista a actividade creativa que presentarán a concurso.

Esperamos que vos guste!!!!!

 

Discurshow

O pasado luns 24 de marzo alumnado do IES Illa de Sarón de Xove asistiu ao Auditorio de S. Cibrao a un discurshow, unha reflxión, e outro modo de aprender, versaba sobre a reflexión "somos animais, somos deuses???"

Bolsas MEFP para estudos postobrigatorios 2022/2023

O Ministerio de Educación y Formación Profesional publica  a Resolución do 10 de marzo do 2022, pola que se convocan as bolsas para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios, como FP e bacharelato.

Este ano adiántase o prazo de solicitude, que vai do 30 de marzo ata o 12 de maio. Grazas a este adianto podes saber se cumpres os requisitos económicos e de cantos cartos dispós antes de matricularte nos estudos que che interesen.

É necesario que pidas a bolsa neste prazo aínda que non estea aberto o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non teñas a certeza de se vas estudar ou non. Terás que poñer os estudos máis probables e hacia setembro poderás cambialos.

Toda a información está dispoñible neste portal:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Plan Proxecta: Proxecto Xermolón

Como xa todos sabedes, dentro do Plan Proxecta organizado pola Xunta de Galicia, este ano, todo o alumnado da ESO e o profesorado, embarcámonos no Proxecto Xermolón. Este proxecto pretende crear hábitos saudables de alimentación entre a nosa comunidade educativa.

Hoxe tivemos a axuda de Susana, que nos deu unha charla sobre Alimentación saudable. Descubrimos moitas cousiñas interesantes que seguro poñeremos en práctica a partir de hoxe.

Aliméntate ben!!!!

Concurso de Sudokus

Un ano máis, celebrouse no IES Illa de Sarón, o Concurso de Sudokus.

Encántanos este xogo xa que é moi beneficioso para o noso alumnado: Mellora a concentración, reduce a ansiedade e o estrés, promove a competencia saudable e mellora a capacidade de resolver problemas.

Este ano os gañadores son:

  • Carla Casabella (1ºESO)
  • Iago Rivas (2º ESO)
  • Miguel fra (3ºESO)
  • Xenxo Salgueiro (4ºESO)

Moitas grazas a todos os participantes e noraboa aos gañadores!!!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut