Skip to Content

Actividades 25N

Correlingua

O pasado martes 23, o alumnado de 1º de ESO foi a Foz, unha xornada reivindicativa e festiva coa lingua galega, pasamos unha xornada agradable con boa compaña e boa música.

Deixamosvos unhas fotos:

25N

No Illa de Sarón convertimos o 25 N nunha xornda moi reivindicativa.

Faremos unha sentada ás 12 en sinal de rexeitamento da violencia de xénero e darase lectura a un manifesto, ao mesmo tempo nas titorías realiaranse actividades relacionadas con esta xornada.

O venres unha mesa redonda sobre a repercusión da violencia machista nos rapaces e rapazas pon fin as actividades desta semana.

Plan proxecta: Clases sen fume

Durante este curso, o alumnado de 2ºESO participarán no programa "Clases se fume" organizado pola Consellería de Educación.

É un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.

Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a recompensa - premio como incentivo.

Este programa forma parte do "Plan Proxecta" da Consellería de Educación.

Samaín 2021

O alumnado de 4º de ESO encorgouse da organización do festival de Samaín 21.

Inauguraron a xornada cunha breve representación, posteriormente un desfile de disfraces monstruosos para rematar con xogos tradicionais nos que participou todo o alumando de ESO, moi ben organizado.

Noraboa rapazas e rapaces!!

18 de outubro, Día das escritoras.

Hoxe aprendimos un pouco máis sobre escritoras xogando co Genially. Que ben o pasamos con parte do alumnado de 1º e de 3º.  Saben moitísimo!! Sorriso

OUTUBRO, mes de LEDICIA COSTAS.

Calendario escolar: Curso 2021/2022

HORA DE LER 21-22

Distribuir contido


by Dr. Radut