Skip to Content

Buscando a Rosalía

O Concurso "Buscando a Rosalía", resolver retos e superar probas recaeu no equipo formado por: Silke Iglesias, Miguel Fra e Noah Posada.

Día do amor

Con motivo do 14 de febreiro "Día do Amor" o alumnado de 2º de ESO "cociñou" as mellores receitas de amor.

Obradoiro de pintura "Rosalía de Castro"

A posta en marcha do Obradoiro de Pintura "Rosalía de Castro" da man da artista Cris Blanco da os primeiros froitos e Cristina é premiada  por esta actividade.

Curso de Primeiros Auxilios

O pasado mércores 10 de marzo impartiu un obradoiro de 1os auxilios o especialista do GES de Cervo, Mario Antuña para o alumnado de 1° SMER e Ciclo Superior de Metais e Polímeros.

Grazas Mario por ensinar aos futuros traballadores como actuar ante unha emerxencia.

III Concurso de Sudokus

Un ano máis, dende o departamento de matemáticas, realizamos en febreiro o III Concurso de sudokus.

Este ano, os gañadores son:

  • Enzo Maragoto (1º ESO)
  • Daniel Salgueiro e Miguel Fra (2º ESO)
  • Xenxo Salgueiro (3º ESO)
  • Brais Vidal (4º ESO)

Moitas grazas a todos e a todas polo esforzo realizado e parabéns aos gañadores!!!!!

 

Aberto o prazo de solicitudes de adminisión para o curso 2021/22

Desde este luns, 1 de marzo, e ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Fonte: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33340

 

Jose tocando

Prema na imaxe para ver o vídeo de Jose tocando o piano.

Ensaio aberto Entroido 2021 - Vídeo

Prema na foto para ver o vídeo:

 

Xornadas de Orientación

Os días 18 e 19 de febreiro temos unhas xornadas de orientación para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Marta Rodríguez, orientadora do IES Vilar Ponte abriu as xornadas:

Antroido no IES Illa de Sarón

A charanga de 3º de ESO e coa axuda de Xavi e Alberto, profes do centro, amenizaron a xornada de Antroido no IES Illa de Sarón.

Distribuir contido


by Dr. Radut