Skip to Content

Premiados nos concursos

Concurso de doces terroríficos

Samaín: Concurso de microrrelatos

Certificación en Linguas Estranxeiras

O Departamento de Inglés informa da convocatoria por parte da Consellería da:

Xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24 (4º ESO e Ciclos Formativos).

As probas corresponderanse co nivel B1, B2 ou C1 do MCERL (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas) e realizaranse durante o curso 2023/24.

O alumnado interesado debe comunicarllo ó profesorado de Inglés do centro o antes posible (ata o 20 de Outubro) para tramitar as solicitudes.

Tedes a información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41160

Hora de ler

A actividade Hora de ler comeza este Lúns día 2 de outubro.

Podes consultar a información referente a esta actividade no ficheiro adxunto.

Horario Cuale A1 - A2 - Aula 6 (1º ESO)

Comezo curso 2023/2024

O próximo luns 11 comezará o curso escolar para todas as ensinanzas que se imparten no centro.

O horario dese día será horario habitual, de 8:50 ata 14:30 de mañá e de 16:30 ata 18:10 para o alumnado da ESO.

Haberá servizo de transporte escolar tanto de mañá como de tarde.

Programa de Becas - Fundación Amancio Ortega

O Departamento de Inglés do IES Illa de Sarón informa que o 4 de Setembro comezou o prazo para solicitar as becas da Fundación Amancio Ortega, dirixidas a alumnado de 4º de ESO interesado en estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Hai 70 prazas para Galicia, e o alumnado aspirante debe ter un 8 (como mínimo) de media en 3º de ESO. O prazo de inscrición é ata o 27 de Setembro ás 13:00 horas.

O enlace web é: https://becas.faortega.org/

Animámosvos moito a solicitalas se reunides os requisitos – é unha experiencia moi enriquecedora e positiva para a vosa formación.

Cursos Cuale 2023-2024

O Departamento de Inglés informa que fomos seleccionados para impartir os cursos Cuale A1 e A2 de preparación para a acreditación do nivel de Inglés segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). Tedes a información resumida no folleto que acompaña a este anuncio.

A matrícula xa está aberta na Secretaría do centro, ata o día 15 de Setembro. O alumnado interesado pode solicitar máis información escribindo ó email: inglessaron9@gmail.com

Podes descargar o folleto informativo desde a seguinte ligazón.

Podes descargar o formulario de matrícula desde a seguinte ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut