IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

O alumnado de Proxecto Competencial de 1°ESO e 3°ESO saíron á residencia de maiores situada na Praza de Vigo de Carballo. Os nosos nenos e nenas convertéronse en contacontos para así traballar e mellorar a expresión oral en público. E foi un éxito! Contaron e cantaron e tamén recibiron consellos, eloxios e agasallos dos maiores. Moitas grazas por esta experiencia!

O día 11 de abril os grupos A e C de 3º da ESO visitaron os xulgados de Carballo. Trátase dunha actividade que organiza o departamento de Filosofía e que se enmarca no programa Educar en xustiza, que xestiona o departamento de Comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Os grupos foron recibidos pola xuíza Andrea Cernadas, quen explicou a mecánica dos procesos que se levan a cabo nun xulgado de primeira instancia e instrución, e de violencia de xénero.

O alumnado asistiu a varios xuízos rápidos por delitos leves e visitou as instalacións. Entre estas, os calabozos e a sala de recoñecemento de sospeitosos despertaron especial interese.

O próximo día 26 farán a visita os grupos B e D. A actividade forma parte do  programa da materia de Educación en valores cívicos e éticos.

Organizado polo Departamento de Orientación, o pasado 17 de abril, tivemos a charla ““Que non te líen, ti elixes” destinada ao alumnado de 4ºESO.

O obxectivo que se busca con esta charla é fomentar unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero e en relación a unha elección de ciclos formativos con menor presencia de mulleres, especialmente en sectores caracterizados pola escasa representatividade feminina como son os sectores da construción, madeira, TIC, metal e mar.

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia son os creadores deste programa.

Os contidos do programa baséanse en charlas e talleres de 1 hora de duración para a reflexión e a participación do alumnado. A impartición destes contidos corre a cargo de persoal das asociacións, fundacións e clústers de sectores caracterizados pola escasa representatividade feminina: construción, madeira, TIC, metal e do mar.

#igualdad

 

Aquí vos deixamos un pequeno resumo, da charla que tivo lugar o pasado 15 de abril, a cargo de o estudante de TFG Javier Carballeira da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña sobre pradeiras mariñas, a súa importancia ecosistémica e socioeconómica, as súas ameazas e algunhas posibles solucións.

Tamén vos deixamos unha ligazón ao periódico La Voz de Galicia que se fixo eco da nosa charla https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2024/04/16/espina-bifida-lucho-formarse-ansia-docente/0003_202404C16C4995.htm

#voznatura #udc #biología

O alumnado de Proxecto Competencial de 1ºESO e 3ºESO acudirán os días 17 e 19 de abril a un centro da terceira idade de Carballo para facerlles un contacontos. Esta actividade está organizada polo Departamento de música.

 

Hoxe, luns 15 de abril, o estudante de TFG Javier Carballeira da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña dará unha charla de 9:20 a 11 horas no noso centro sobre pradeiras mariñas, a súa importancia ecosistémica e socioeconómica, as súas ameazas e algunhas posibles solucións.

Esta actividade forma parte do TFG divulgativo que está a preparar Javier e irá dirixida a todo o alumnado de Proxecto Competencial de 4° de ESO, alumnado que forma parte do Proxecto "Natureza Conectada" que levamos dentro do Programa Voz Natura.

#voznatura #udc #biología

 

O pasado día 3 de abril, organizado polo Departamento de Educación Física e a Biblioteca Rebolo, tivemos unha charla sobre nutrición dirixida ao alumnado de 4º ESO. Nela, Julieta Rey Garrido (farmacéutica e dietista) falará sobre as bases da saúde, entre elas a alimentación saudable, cunha pequena explicación da importancia da microbiota, os tipos de alimentos e como combinalos para unha alimentación adecuada, e unha última parte sobre mitos alimentarios

Dentro do Plan Proxecta +, tivemos unha charla hai uns días, sobre violencia de xénero a cargo de @noedorinda, vítima e supervivente de violencia de xénero.
Despois da impactante charla co alumnado de Bacharelato, Noelia Míguez achegouse ao estudo de Rebolondas onde as alumnas de Bacharelato fixéronlle unha moi interesante entrevista. Deixámosvos o link para que non vos perdades a cantidade de cousas interesantes que nos deixou o seu testemuño.
#dorifuerza #dorhistoria #proxecta+


https://go.ivoox.com/rf/126963148

 

 

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego organizamos un concurso literario para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas.
Neste concurso literário o alumnado do IES Parga Pondal poderá demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e exercitar a súa imaxinación para crear historias.
Animádevos a participar!

O pasado mércores 3 de abril o noso alumnado de 2°ESO asistiu a unha charla sobre a violencia machista nas relacións de parella na mocidade, no marco do Plan Proxecta + " Programa por 365 días de respecto e igualdade" da Secretaría Xeral da Igualdade, impartida por María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudios de xénero e políticas de igualdade

#proxecta+