Este pasado sábado día catro de marzo celebrouse no circuíto Cabio (A Pobra do Caramiñal) o Campionato Galego de Campo a Través.
Na proba participaron alumnos do noso instituto, logrando posicionarse en postos dignos e meritorios. Na categoría cadete masculino competiron Nicolás Cid Lordi (posto 61) e Mohamed Nagihi (posto 36), mentres que en infantil masculino fixo Aarón Blanco Ferreiro (posto 52).
A actividade foi programada polo profesorado do Departamento de Educación Física, Verónica Vázquez e Roberto Mateos, quen acompañou nesta ocasión ao alumnado.
Moitos parabéns para alumnos e profesores!
O noso centro resultou gañador do premio da V edición do proxecto ciencia e tecnoloxía en feminino organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. (Tecnópole), coa presentación do vídeo titulado:
“Parques Tecnológicos Sostenibles: Transporte, alimentación y energías renovables”
AUTORES (baixo a dirección do profesor Miguel Yebra):
Cerredelo Rodríguez, Xurxo
Paz Martínez, Nerea
Montero Rodríguez, Eduardo
Quintas Rodriguez, Noa
Romeo Puerta, Franco Santiago
O premio consiste nunha achega económica de 500 euros coa finalidade de custear parte dos gastos para asistir ao programa de actividades promovido pola APTE (Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España) o 25 de abril en Madrid.
Dous traballos dos presentados ao 38º Encontro de Xoves Investigadores por alumnado do IES Lagoa de Antela dirixidos polo profesor Miguyel Yebra (“¿Afecta la cantidad de superficie a la fuerza de rozamiento?” y “¿Todos los pelos tienen el mismo grosor?”) foron becados na presente edición.
Este pasado venres celebrouse no hipódromo de Xinzo a final comarcal de campo a través, na que participaron alumnas e alumnos de diferentes cursos do noso instituto. A participación no evento foi organizada pola profesora Verónica Vázquez do departamento de Educación Física, coa colaboración do outro membro do departamento Roberto Mateos.
Alcanzaron, como equipo, o primeiro posto en tres das catro categorías nas que participaban (infantil masculino, cadete masculino e cadete femenino), mentres que no ámbito provincial lograron clasificarse todas e tódolos alumnos que participaron. Por xunto colleitaron cinco medallas, moitos parabéns ao alumnado participante!
Na galería repróducense varios momentos deste evento deportivo.