Segundo a Comisión de alerta da Xunta de Galicia, mañá mércores, día 18, está suspendido o transporte escolar nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición nas montañas de Ourense e sur de Ourense (o noso centro está nesta zona).
Está medida só afecta aos escolares transportados, o resto sigue todo igual (salvo que ata mañá houbese outras instrucións por parte da Consellería).
Polo tanto, o centro estará aberto no seu horario habitual; tentaremos impartir clase ao alumnado que acuda, e o profesorado estará dispoñible sempre que lle sexa posible acudir ao seu posto de traballo. Non é descartable que ao longo do día se suspendan as clases, polo que deberán estar atentos e dispoñibles para vir buscar os seus fillos e fillas, de selo caso.
Calquera outro problema ou novidade, intentaremos avisalos o antes posibles, por Abalar, a Web ou persoalmente. Tamén poden consultar a través dos teléfonos do centro (988788548 e 634501975)
Para mañá esta previsto un adverso meteorolóxico de vento, frío e neve que afectará a toda Galicia.
A Consellería decretou para a zona Sur de Ourense, onde se inscribe a Comarca da Limia, unha supervisión por mor de posibles efectos climatolóxicos que dificulten o transporte escolar, o que supón que mañá haberá transporte escolar de xeito ordinario e por suposto, clases lectivas no seu horario normal.
De todos modos, aínda que haxa transporte escolar, si a situación empeora pola noite é posible que non se poida ir buscar a algún alumnado na contorna por mor da neve.
Así mesmo, é posible que en algún momento da mañá as propias empresas de transporte veñan polos rapaces antes de tempo para levalos a casa si empeora a situación.
O centro permanecerá aberto no seu horario normal e o alumnado atendido polo profesorado que estea no centro.
Sexa como for, intentaremos informar o antes posible de xeito oficial. En caso de dúbida, poden consultar a páxina web oficial da Consellería para ver como se vai xestionando a situación.
Boa noite e vixíen o tempo para ter en conta calquera posible incidencia.
Este Plan Dixital foi elaborado por un grupo de traballo de profesores do IES Lagoa de Antela que se reuniu periodicamente para levar as cabo as diferentes tarefas que conduciron á redacción final do Plan.
Hoxe os mestres e alumnos de FPBásica de Cociña quixeron celebrar o Samaín, e amablemente ofertaron un almorzo terrorífico para o profesorado que o desexase; a esta degustación tamén foi convidada unha representación do alumnado de cada clase. Velaí algunhas fotos do evento.