O prazo de presentación de solicitudes para a admisión de alumnado para o vindeiro curso 2022/2023 está aberta dende o 1 ata o 21 de marzo.
Entre o noso alumnado repartirase mañá venres unha folla para que certifiquen a súa permanencia no centro, que terán que entregar no centro firmada polos dous proxenitores ao final da semana que ven. No caso de non entregala perderán o dereito á reserva de praza no mesmo.
As solicitudes de admisión para alumnado que proceda de fóra do centro, ou para alumnado do noso centro que queira cambiar de centro educativo deberá presentarse no centro educativo solicitado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
Poden consultar na páxina web as instruccións da Consellería e os documentos descargables.
Solicitude de reserva (permanencia) ED550A-C.pdf
Solicitude de reserva (permanencia) ED550A-G.pdf
Solicitude de reserva (1º Bacharelato) ANEXO-I-II_ED550A_RESERVA-1ºBAC-XERAL.pdf
Solicitude admisión ED550B-G.pdf
165.98 K
Faise pública a listaxe definitiva de reservas, todas elas admitidas, para o curso 2022/2023 de alumnado procedente de centros adscritos ao IES Lagoa de Antela para o primeiro curso da ESO.
A información contida neste informe pode visualizarse:
Durante o período de vacacións de Nadal (do 22 de decembro ao 9 de xaneiro, ámbolos dous incluídos) o centro permanecerá aberto de luns a venres en horario de 9:30 a 13:00 horas, a excepción do venres 24 de decembro, o venres 31 de decembro, e o xoves 6 de xaneiro que permanecerá pechado.