Profesorado

Alumnado

Novas

Listaxe de admitidos e excluídos do proceso de distribución de máscaras

Nos taboleiros do centro están publicados os listados de alumnado admitido e excluído do proceso de distribución de máscaras.

Publicación dos resultados electorais ao Consello Escolar 2021

Despois de ser proclamados os resultados electorais das eleccións dos representantes dos pais, nais e titores legais; do claustro de profesores e profesoras; e do alumnado do IES Lagoa de Antela, faise pública a acta que recolle ditos resultados.

 

Distribución de máscaras entre o alumnado de ESO

Publicada a orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regula a distribución de máscars entre alumnado da ESO. As condicións veñen recollidas en dita orde.

As máscarsa van dirixidas:

  • ao alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar
  • a alumnado que non fose beneficiario de material escolar pero pertence a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
  • alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta
  • alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65 €

O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/2022 non é preciso que presente a solicitude.

O alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resoltou excluído debe presentar sollicitude dende hoxe día 15 ata o vindeiro venres 26 de novembro.

As solicitude deben presentarse no centro utilizando o formulario normalizado (anexo I), e achegando tamén o anexo II, acompañdos da documentación precisa.

Enlace á normativa

 

Aviso para usuarios excepcionais do transporte escolar

Bo día,

O cambio de normativa no referente ao Transporte Escolar, fai que o alumnado que sexa usuario excepcional (é dicir, o alumnado de Bacharelato e o de FP Básica que teña máis de 16 anos), teña que UTILIZAR A TARXETA XENTE NOVA para que as viaxes ao Instituto e ao seu domicilio lle sexan gratuítas.

O resto do alumnado (da ESO e de FP Básica ata 16 anos) pode solicitala tamén para conseguir bonificacións en outros viaxes interurbanos ou metropolitanos de Galicia, xa que o Transporte Escolar teno garantizado e gratuíto.

Deben solicitar dita tarxeta no seguinte enderezo web:

https://www.bus.gal/gl/xente-nova

Calquer dúbida ou cuestión, poden porse en contacto co centro polos medios habituais.

Saúdos

Calendario inicio curso 2021/2022

No calendario axunto fanse públicas as datas de comezo do curso académico 2021/2022 no IES Lagoa de Antela.

Calendario inicio curso