INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Unha "Estrela da Ecoloxía" no medio do noso IES de Lamas

Serías capaz de coller do mar un impresionante lumbrigante e, vendo que non cumpre a normativa de pesca ou que está cargado de ova, proceder a tiralo de novo pola borda? E unha centola apetitosa ou unhas nécoras?

E por riba estarías disposta ou disposto a perder moita parte do teu tempo libre, e superar a túa timidez, para aparecer en público facendo vídeos amenos nos que tentar transmitir valores como o coidado do “Medio Mariño”, a defensa da “Pesca Sostible” ou a necesidade de traballar en cada marea polo futuro dos bancos marisqueiros?.

Pois iso é o que fai a nosa ESTRELA da ecoloxía do Lamas de Abade. María Maceiras compaxina o seu traballo no mar de Muros cos estudos de 1º Curso do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermaría no noso Instituto. Despois de coñecela por tik-tok (@mariabadernado) e instagram  xa estabamos orgullosos dela. Pero acabamos de recibir con inmensa ledicia a nova de que ten recibido o Premio Nacional de Gastronomía recentemente instaurado na categoría de “Novo Talento” polas súas prácticas de Pesca Sustentable e por transmitir todos eses valores a través da internet.

O xurado estaba composto por xuíces tan competentes na materia como o coñecido cociñeiro Dabid Muñoz, de DiverXO, Lourdes Plana (presidenta da Real Academia de Gastronomía), José Miguel Herrero (director da Industria Alimentaria) ou Joxe Mari Aizega, (responsable do Basque Culinary Center). Sen dúbida no Lamas non podemos deixar de transmitirlle os nosos enormes parabéns polo seu xeito de vida e polo galardón. Na foto podemos ver a María recollendo o premio entregado polo Ministro de Agricultura Luis Planas.   

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer