O departamento de educación física vos desexa unhas felices festas.
O pasado venres 24 de novembro, con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, celebrouse no noso centro unha carreira solidaria polo "Dereito a ser nena", na que se recadaron fondos para a organización Save the Children.
Agradecer a todos a vosa participación e as vosas aportacións pola causa.
Durante as últimas semanas do curso, o departamento de Educación Física organizou un torneo entre os alumnos de ESO e 1º BAC.
Os partidos foron moi emocionantes e houbo moita animación, ata se encheu a tribuna!
Cada equipo gañador recibiu o seu trofeo e queremos agradecer a Brais Juncal de 1º ESO a súa elaboración.
A primeira final xogouse entre 1º B ESO e 2º A ESO, e estes últimos foros os vencedores.
A segunda final xogouse entre 3º B ESO e 1º BAC e gañou 1º BAC a penaltis.
Parabéns ós vencedores e a todos os participantes por darnos momentos tan emocionantes!
O departamento de Educación Física organizou un obradoiro de baile galego na semana das letras galegas para o alumnado de 1° ESO.
O alumnado participante recibiu como agasallo unhas chapas conmemorativas da actividade co lema " Bailemos como galegos”.
Nos arquivos adxuntos pódese consultar os criterios de avaliación das distintas materias do Departamento de Educación Física para o curso 2022/23
A MULLER NO DEPORTE
MARTES, 9 DE MARZO
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer