Esta é a nova páxina do IES Lamas de Abade.
Agardamos que a vosa visita virtual sexa do voso agrado.
CICLO SUPERIOR DE ESTÉTICA
O alumnado de primeiro curso do CSEstética vos convida a visitar o seu traballo sobre os BALNEARIOS que empregan Peloides propios nos seus tratamentos
WEBQUEST COSMÉTICOS ANTIENVELLLECEMENTO
Este traballo vai dirixido para os alumnos dos Ciclos de Estética. Nel poderedes traballar e investigar sobre os cambios histolóxicos e fisiolóxicos na pel coa idade así como as derradeiras tendencias en cosmética antienvellecemento.
Preme aquí para entrar nela.
O NOSO BLOG
CONVIDAMOSTE A QUE VISITES O BLOG QUE DENDE O DEPARTAMENTO DE IMAXE PERSOAL ESTAMOS CREANDO PARA OFRECERCHE COMENTARIOS, VÍDEOS E NOVAS RELACIONADAS CA PERRUQUERÍA E A ESTÉTICA.
ESTA É A NOSA DIRECCIÓN: lamasimaxepersoal.blogspot.com
WEBQUEST
PRESENTAMOS DOUS EXEMPLOS DE WEBQUEST ELABORADAS NO GRUPO DE TRABALLO DE IMAXE PERSOAL. ESTÁN DIRIXIDAS AO ALUMNADO DE CICLO MEDIO DE PERRUQUERÍA.
PARA ACCEDER FAI CLIC NOS ARQUIVOS:
A LINGUA PROPIA DE GALICIA
14 de decembro de 2011, LA VOZ DE GALICIA
Por moito que o Conselleiro de Educación dixa que corrixan o texto onde dí que -el gallego como única lengua propia de Galicia- e por moito que o Valedor do Pobo faga o mesmo, xamais poderán troucar unha cousa tan evidente como que a única lingua propia do pobo galego é o galego. Decir que o castelán tamén é unha lingua propia e falar do sexo dos anxos. Queda moi bonito pra os castelás, pero non é certo por moito que o borren.
Outra cousa é que o castelán foi imposto a sangue e bágoas nas escolas por os mestres casteláns e os toupos de Castela.
O que non entendo é qué fai o UPyD boicoteando a lingua de Galiza, cando sabemos que a sua Presidenta, Rosa Díaz, é unha inimiga acérrima das linguas propias das naciós do estado que non sexa o castelán. Anos estuvo representando por o PSE o pobo vasco e xamais oímola falar en euskera. Pero sí todos somos testigos do pouco respeto que ten por Galiza. Os galegos pra esa señora non sei que son. Que o diga ela. Soio ven a Galiza a botarlle unha man o exército bilingüista de liberación para atacar a lingua galega e para pedir votos. Doutra cousa non sabe ren.
Quen pelexa por o bilingüismo, é decir, que a Xunta non impoña na escola o galego desde meniños, son os toupos de Galiza que, amparándose nun dereito que din ter os falantes, porque según eles, a lingua é propia dos falantes non do país, con iso o que pretenden e que siga a imposicion nas escolas da lingua do allea.
Decir que o castelán é a lingua propia de Galiza é como decir que Castela xamais puxo o pé na nosa terra e que cando éramos cativos na escola non nos obligaban a falar o castelán, sinon que podíamos escoller falar na nosa lingua.
Pois non, a lingua propia de Galiza é o galego. O castelán é unha lingua do poder, do imperio, da imposición. O castelán é a lingua que nos obligaba o mestre na escola a falar con amenazas de castigos, o castelán é a lingua que xempre fixeron usar os galegos, a souperan ou non, sempre que iban a misa, sempre que iban o seu axuntamento, sempre que tiñan que encher un formulario oficial. Xamais o poder, a Igrexa é os señoritos permitían falar galego.
O galego pra toda esa xente que representa a sinrazón de Rosa Díaz e Gloria Lago, ca colaboración da Xunta actual, xamais a consideraron por eles como lingua oficial. E agora véñennos co conto de que a lingua propia é de quen a fala e non do país. Eso o dirá esa señora porque quererá botarnos outra vez a emigración o extranxeiro.
Somos nos, os galegos, quen temos que defender e levantar con orgullo a nosa voz exixindo que NUNCA MAIS vanse rir da nosa lingua, e menos considerala lingua propia de falantes, senon LINGUA PROPIA DE GALIZA por moito que lle doia os antigalegos. Porque GALIZA SOMOS TODOS OS GALEGOS.
Publica na Voz de Galicia 14 de decembro
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/index.htm?idioma=galego
No Archivo General de Simancas gárdase unha importante colección de documentos de Galiza. Na súa páxina web hai un apartado, chamado Imago Hispaniae, no que poder ver imaxes dos séculos XVI-XVII.
Se premes no enlace veras algunha de Galiza, fíxate no plano de Compostela de 1595.
http://www.mcu.es/archivos/docs/MC/AGS/Imago_Hispaniae/Galicia/flash.html#/1/
O proxecto The Lugo Codex é un facsímil fotográfico dixital en liña do Códice de Lugo, tamén coñecido como Misal ou Breviario de Lugo. Este é un manuscrito, do século XIII, conservado na Catedral de Santa María de Lugo, Galiza. Este proxecto permite, a través da rede, o acceso ao Códice a investigadores e expertos. inclúe unha base de datos e índices para facilitar as pescudas.
Podes premer no enlace para ver o códice.
http://www.williamguerin.com/lugo
O pasado venres, 26 de outubro, estreouse en Santiago a nova película de Antón Dobao.
Esta película cóntanos a historia dun vello mariñeiro, Sinbad, novelada por Álvaro Cunqueiro no seu libro Si o vello Sinbad volvese ás illas.
Nela traballan Mela Casal, Sara Casanovas, Mariña Sampedro, Luís zahera e Xosé Manuel Oliveira "Pico".
Para ter máis información mira no seguinte enlace do Soportal audiovisual galego.
http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=10790&busca=Sinbad