INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Festa da Primavera no Lamas de Abade

O venres, dia 3, celebramos o Maio no Lamas, para darlle a benvida á primavera.

A festa de "Os Maios" é unha celebración tradicional de Galicia, está asociada coa benvida da primavera e o renacemento da natureza.

Durante a celebración de "Os Maios", é común que os participantes constrúan figuras chamadas "Maios", que son elaboradas con ramas, flores e outros elementos naturais. Estas figuras poden tomar diversas formas, como pirámides ou conos, e adoitan ser decoradas de maneira moi colorida. Tamén adoitan realizar desfiles e cantar cancións tradicionais, moitas das cales teñen letras que loan a chegada da primavera.

"Os Maios" é unha festa que reflicte a conexión da comunidade coas súas tradicións e co ciclo natural das estacións, celebrando a fertilidade da terra e a prosperidade que se espera coa chegada da primavera. Celebrando o florecer!

Pois a pesares do dia de choiva e temporal que semellaba inverno, no instituto parecía florecer todo! Grilandas de flores, xestas, colares de pampullos, fiúnchos, diademas e coroas de natureza viva e florida e cestas de adornos florais para engalanarnos no “photocall” diante do fermoso mural que a profesora, autora anónima (Paula Ribadulla), nos pintou.

Foi lindo o traballo en equipo, desde o grupo de garda de convivencia que comezamos a soñar e argallar a festa e a ir traendo ideas e material, pasando polas titoras e titores que desde o 10 de abril se puxeron a colaborar, Sabela que co seu alumnado elaborou as primeiras siluetas de flores en papel pa facer grilandas e enchelo instituto de flores, Irene, que desde o primeiro momento se puxo a elaborar a “play list “ de música en galego para animala festa, Afonso que xa aceptou ser o retratista do evento, Toño que artellou o trípode, soporte do maio, Vicente (alumno do Practicum de profesorado) que colaborou no deseño, elaboración e cobertura do maio, Maribel, que veu cargadiña de xestas e pampullos, Isabel e o seu alumnado que elaboraron fermosas diademas e coroas, Sandra cargadiña de flores, Rosa,  María e Laura que coas súas cestas floridas engalanaron e animaron con adornos todo. O alumnado e todas as familias que colaboraron traendo flores, fiúnchos, xestas, plantas e mesmo coroas de froitos (laranxas, mandarinas).

En fin, grazas a tódalas persoas que colaborastes en que fora posible facer este Maio e dar benvida á primavera no centro.

Entre todas e todos é posible facer florecer o instituto!!!

No seguinte enlace podedes acceder ás fotos do photocall: FOTOS

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer