slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

MESA INFORMATIVA DOAZÓN MEDULA ÓSEA

Mesa informativa no IES Lamas de Abade sobre doazón de medula ósea a cargo da responsable da área do ADOS

CHARLA: "OS ANTIBIÓTICOS, SOLUCIÓN OU PROBLEMA"

O alumnado do Ciclo Superior de Laboratorio Clínico e Biomédico e o do Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia asistiu a unha excelente e amena charla da doctora en Enxenería Química da USC MARTA CARBALLA ARCOS: "Os antibiòticos, soluciòn ou problema" 

Charla de Xavier Aldekoa: “Cobalto, a febre do ouro azul”

 

Xabier Aldekoa no momento da súa presentación

Este ano, a  X Feira de minerais de Área Central acolleu a case unha trintena de expositores con preciosas e únicas pezas. E os nosos alumnos de cuarto de ESO de Lamas de Abade non deixan nunca de visitala.

Debido ó seu carácter altamente didáctico, a feira complétase con exposicións, obradoiros e charlas dirixidas ó público escolar. Máis de 800 estudantes de centros escolares de toda Galicia acoden  a Área Central para visitar a feira e formar parte das actividades complementarias, como obradoiros de identificación de minerais, bateo de ouro, fósiles e mineraloxía.

O periodista de La Vanguardia, Xavier Aldekoa, impartiu unha charla para o público escolar. Baixo o título “Cobalto, a febre do ouro azul” Aldekoa explicou como no sueste do Congo, as grandes firmas internacionais e os mineiros artesanais disputan unha batalla desigual polo cobalto, mineral chave para a fabricación das baterías dos coches eléctricos. Despois de navegar polo rio Congo e visitar varias minas da rexión, o escritor e reporteiro especializado en África fíxonos tremer ó contármonos a súa experiencia sobre o terreo e falounos sobre o espolio que se produce no corazón de África. En ningún momento se sentiu falar nada, nin baixiño, e había uns douscentos rapaces naquel momento. Realmente estremecedor.

Aldekoa é o  corresponsable en África de La Vanguardia, cofundador da Revista 5W e colaborador de National Geographic, GEO, Gatopardo o SER, entre outros medios, é autor dos libros Océano África, Hijos del Nilo, Indestructibles e Quijote no Congo (Editorial Península).

Nós chegamos de primeiros e puidemos escoller o mellor sitio

Para poder celebrar esta feira, a organización conta ademais coa colaboración do Departamento de Educación do Concello de Santiago, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo, o Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego, o Museo de Historia Natural de Santiago e a Mina Consuelo de A Pontenova.

Charlas na Biblio

ENTROIDO ERASMUS

O alumnado que participa en mobilidades Erasmus+,intercambiaron información sobre o Entroido galego e outras tradicións similares nos países de acollida. No rincón E+, podedes ver unha exposición sobre estas festividades carnavalescas en Lituania, Chequia e Rumanía.

“Me cachis na mar salgada”

Como cada ano, o EDLG organiza una festa previa ó Entroido, esta vez con fins reivindicativos. “Salvemos os nosos océanos” foi o lema escollido para convidar a todo o alumnado do IES Lamas de Abade a celebrar esta festa e presentarse á última hora da mañá o concurso convocado. Nestas datas tan significativas na xestión e coidado dos  nosos recursos medioambientais, non podiamos esquecernos de dedicarlle este ano este ratiño de reflexión.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega acordou valorar como o mellor traxe e máis axeitado ó tema escollido, o dos alumnos de 2º B que se presentaron como “Narcotraficantes e patrulleiras de policía”. Estivo moi logrado, conseguiu incluír a tódolos rapaces da clase que quixeron incluírse e, a posta en escena, non tivo parangón; os flamantes policías conseguiron atrapar ós contrabandistas por mais que quixeron pasar desapercibidos na súa zodiac. Dereitos á FALCONA!! 

Parabéns ós premiados que serán agasallados cunha consumición na cafetería do noso IES Lamas de abade.

Preténdese con este premio tamén, animar ó alumnado e profesorado a revisar ese léxico e esas expresións feitas, que tan acostumados estamos a usar na lingua galega sen decatármonos de forman parte tamén do noso idioma, aínda que non sexa o máis académico, si é o máis popular.

Concurso Pilabot

Ecopilas, ERP e Ecole, xunto á Xunta de Galicia, promoven a quinta edición desta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.

O Concurso Pilabot repartirá catro premios entre os centros educativos que máis pilas recollan.

Auspiciado polo Dpto de Bioloxía e Xeoloxía, sempre preocupado da Educación Ambiental, neste curso participamos o IES LAMAS DE ABADE, grazas ó esforzo de todo o alumnado de 1º de ESO, que o fai con unha soa intención: GAÑAR!!!

Non é certo, ja. Despois de recibir a charla ofrecida pola nosa persuasiva Miriam que nos ofreceu unha conferencia encandeadora, sabemos que o facemos porque O COIDADO DO NOSO MUNDO ESTÁ so  NAS NOSAS MÁNS.

Participa!! tráenos tódalas pilas usadas que podas recoller!

Podemos ganar un substancioso premio económico de conseguir ser os mellores recolledores. Pero, de non ser así, nos quedaremos coa idea de que termos contribuído á sensibilización das nosas familias e da sociedade en xeral. Porque nós xa estamos concienciados, nós sabemos que se non somos nós quen de mirar polo noso planeta, a ninguén lle vai importar.

VEÑA, RAPACES!!! IMOS A POR TODAS!!!

 

CHARLA USC: A HISTORIA DAS PANDEMIAS

O Alumnado do Ciclo Superior de Laboratorio Clínico e Biomédico e do Ciclo  medio de Farmacia e Parafarmacia asisten à charla formativa sobre A HISTORIA DAS PANDEMIAS do programa PONTES da USC a cargo do Profesor Dr Juan Gestal Otero.

Entroido no Lamas

Esta semana celebramos o Entroido no Lamas e hoxe organizamos diferentes actividades e traxes para reivindicar o coidado dos nosos mares, da costa e do planeta.

Vilardevós con Lamas de Abade

Tódolos centros de ensino do lugar de Lamas de Abade vibraron ó son das tamborradas de Vilardevós o pasado venres 2 de febreiro. Como cada ano, os equipos de dinamización da lingua galega dos nosos centros de ensinanza aliámonos para recibir a un entroido singular dalgún lugar de Galicia.

Nesta ocasión desfrutamos cos chocalleiros desta localidade ourensá que viñeron acompañados dunha boa comitiva encabezada pola súa alcaldesa, Eva Pérez Gamote. No CIFP Compostela foron recibidos con honores polos nosos Xenerais do Ulla. No salón de actos, os nosos alumnos de 1º de ESO, Eva do grupo B e Thiago do grupo C, foron excelentes presentadores, para  amosársenos o seu xeito tan singular de celebrar o entroido. Como en case que toda a provincia de Ourense, en Vilardevós vívense intensamente estas datas do ano.

A comitiva con representantes de tódolos centros participantes, o grupo de gaiteiros ABADIÑOS, os chocalleiros e o Abade cos seus secuaces, foron percorrendo tódolos centros, saudando a tódolos rapaces e levando música e diversión nunha mañá francamente preciosa. Luciu o sol, os cabalos se comportaron estupendamente, os correos e xenerais botaron os seus atranques e deron os seus altos como preceptivo que é.

 

Para rematar, no noso instituto votaron “vivas” para a Sra. Directora e demais profesores chegando a hora da degustación dos doces típicos de entroido que nos preparan con esmero os alumnos do CIFP Compostela.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer