En Santiago, a 27 de xaneiro de 2015
Criterios de selección proxecto europeo Leonardo da Vinci 2013
Nunha primeira fase, o titor de cada alumno/a, con axuda do equipo educativo correspondente, realizará unha valoración de autonomía, sociabilidade, capacidade de adaptación, resolución de conflitos, aproveitamento das clases do ciclo, e previsión de aproveitamento da estanza.
O alumno debe aprobar esta valoración para participar no proxecto.
Os alumnos que superaron esta fase, pasarán á seguinte fase de selección.
Na segunda fase, valorarase os seguintes aspectos de cada alumno:
- O baremo é o seguinte:
Concepto |
Ferramenta utilizada |
Puntos |
Grao de adaptación, colaboración, resolución de conflitos, autonomía, motivación, participación e interese nas actividades da aula. |
Entrevistas persoais e enquisa cos profesores e titores dos ciclos. |
25 |
Asistencia e aproveitamento dos cursos de idiomas 2014/2015 |
Listado de faltas sen xustificar as clases de idiomas e valoración dos profesores dos cursos de idiomas |
20 |
Asistencia ás clases do ciclo
|
Listado de faltas sen xustificar do ciclo. |
15 |
Motivación profesional. |
Entrevista persoal. |
15 |
Nivel de idiomas do país de acollida ou de traballo. |
Probas de idiomas |
10 |
Expediente académico |
Certificado de notas. |
10 |
CV Europass |
|
5 |
A directora A coordinadora
Mª Dolores Picón García Mª Jesús García López
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer