INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

ERASMUS+ DINAMIZANDO GALICIA

Resultado de imagen de LOGO ERASMUS +Resultado de imagen de logo xunta de galicia

 

IES LAMAS DE ABADE, mércores 22 de abril de 2015

O centro IES LAMAS DE ABADE pon en marcha un proxecto de mobilidade Eramus +

denominado Dinamizando Galicia (DiGal)

O noso centro forma parte do Consorcio do proxecto que está coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

O proxecto ten como destinatarios mozas e mozos de entre 18 e 30 anos que estean realizando os ciclos medios de:

  • Farmacia

  • Auxiliar de enfermaría

  • Perruquería/estética/imaxe persoal

  • Emerxencias sanitarias



e que rematen:

  • no ano 2015,

  • antes de xuño de 2016

  • ou que remataron en novembro ou decembro de 2014.

 

O obxectivo principal deste proxecto é facilitar a inserción laboral da mocidade proporcionando a posibilidade de:

  • coñecer o mercado de traballo,

  • adquirir experiencia laboral,

  • poder desenvolver capacidades de autonomía e independencia

  • e ao mesmo tempo poder mellorar as habilidades lingüísticas e comunicativas nun idioma distinto ao materno.

 

A actividade consiste en realizar prácticas laborais non remuneradas durante 60 días nunha empresa estranxeira axeitada ao perfil profesional da persoa participante .

Os países nos que se pode realizar a estancia (so poderá ir a un que elixe a persoa candidata):

  • Italia (Arezzo)

  • Portugal (Braga ou Viseu)

  • Irlanda (Cork)

  • República Checa (Praga)

  • Francia (Burdeos)

 

A persoa que resulte beneficiaria da mobilidade terá cubertos todos os gastos da estancia:

  • viaxes de ida e volta a custo real ata un máximo segundo o país elixido,

  • aloxamento e manutención

  • actividades de apoio lingüístico/cultural no país de destino durante 20 horas

  • e apoio permanente durante a estancia .



Ao regreso recibirá acreditación da experiencia laboral do período que será válida en todo o territorio nacional e europeo:

  • Certificado de empresa

  • Certificado Europass

  • Certificación de habilidades lingüísticas

  • Certificación da DXXV

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer