INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Sanidade

PROBAS LIBRES OBTENCIÓN TÍTULOS FP (LOE) 18-19: CS Próteses dentais (Horarios e datas)

 

CS Próteses Dentais

 

 Datas e Horarios

 

 

 

 1ª parte da proba

 



 

 

2ª parte da proba (práctico) 

 

 

 

PROBAS LIBRES OBTENCIÓN TÍTULOS FP (LOE) 18-19: CM Farmacia e parafarmacia (Horarios e datas)

 

CM Farmacia e parafarmacia

 

 Datas e Horarios

 

 

 

 1ª parte da proba

 



 

 

2ª parte da proba (práctico) 

 

 

 

PROBAS LIBRES OBTENCIÓN TÍTULOS FP (LOE) 18-19: CM Emerxencias Sanitarias (Horarios e datas)

 

CM Emerxencias Sanitarias

 

 Datas e Horarios

 

 

 

 1ª parte da proba

 



 

 

2ª parte da proba (práctico) 

 

 

A nosa Medalla do Spainskills recollendo merecidas homenaxes

       

A nosa alumna Iria Díaz Granja está a recibir todo tipo de recoñecementos e homenaxes pola súa medalla de bronce lograda nos Spainskills de Madrid deste 2019. Compartimos as fotos da recepción no Instituto co alumnado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría. Tamén tedes a posibilidade de gozar da nova sobre a súa exitosa participación no Spainskills publicada esta semana no xornal La voz de Galicia

Medalla de Bronce no Spainskills

Unha vez coñecidos os resultados finais do Spainskills 2019, a nosa representante Iria Díaz ten acadado a medalla de Bronce. Non está nada mal contar entre o alumnado do IES Lamas de Abade coa terceira mellor de España do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría. Parabéns enormes polo logro e polo traballo e constancia na preparación durante todo o curso. 

 Tamén podedes ver as medallas de toda a representación galega nos Spainskills neste link da Xunta:

Álbum de Fotos do Campionato

Spainskills 2019

Comezan hoxe en Madrid os Spainskills 2019. A Ministra de Educación e Formación Profesional Isabel Celaá inaugurou este martes as Olimpíadas de Formación Profesional nas que o Lamas de Abade está representado pola alumna Iria Díaz Granja na "Modalidade de Servizos" en relación co Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Precisamente Iria ten sido a abandeirada da Delegación Galega nestes campionatos dos que, se queredes, podedes ver o álbum de fotografías que completaremos ao longo destes días,

Durante toda esta semana e ata o sábado 30 de marzo desenvolveranse as distintas competicións nas que desexamos toda a sorte do mundo para a nosa representante e o equipo que ten axudado na súa preparación e titoría.

Se queredes seguir o evento podedes pulsar neste LINK para visitar a páxina oficial e incluso poder visionar os vídeos e retransmisións en directo. Moitísima sorte e que se repita o éxito do Galiciaskills!!!!.

Fotografía da visita ao Laboratorio Elidente

Fotografía do 2º Curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais, coa compaña de Montserrat Pereira e Ana Belén Gómez, visitando o Laboratorio Elidente

Visita Laboratorios Elidente

O venres día 8 o 2º Curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais, acompañados por Montserrat Pereira e Ana Belén Gómez, visitarán o Laboratorio Elidente entre as 10:30 e as 12:30 da mañá. 

XXV Congreso Semes de Galicia

O Ciclo Medio de Emerxencias Sanitarias asistirá o 29 de novembro de 2018 á cidade da Coruña para participar no XXV Congreso Autonómico SEMES de Galicia (Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias). O horario da actividade será dende as 15:00 ata as 22:00 e terán como acompañantes a profesora Esther Pérez e ao profesor Miguel Carreira

Xa chegan os Skills Galicia 2018

Os días 28, 29 e 30 de novembro a Formación Profesional do Lamas de Abade vivirá a súa particular Olimpíada. Chegan os Skills 2018 nos que o noso centro presenta a Iria Díaz Granja como candidata a levarse este importante galardón profesional.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer