Taboleiro

Concurso de "memes" - 1º ESO

Foi longo, moi longo, este tempo de confinamento, pero no Laxeiro procuramos que non se perdese o humor. As profesoras Emilia Garea e Alicia Cordeiro do Dpto. de Lingua castelá, prepararon para o alumnado de 1º da ESO unha actividade que consistía na creación dun meme.

 

En 1º da ESO,de todas as tarefas  foron escollidos 16 memes e propúxose unha votación en liña para escoller os mellores. Os resultados son os que a continuación vos mostramos:

 1º posto: Selma Carballude de 1º ESO A (29 votos)

 2º posto: Sara Senande de 1º ESO C (20 votos)

 3º posto: Carmen Taboada de 1º ESO C (14 votos)

 4º posto: Dani Piloto de 1º ESO A (13 votos)

 5º posto: Jaime Vázquez de 1º ESO C (12 votos)

 

 Queremos dar as grazas a profesora Ester González, do Dpto. de Lingua galega, por compartir a idea da tarefa. Arriba o traballo cooperativo!!!

 

 Parabéns a todas e todos, rapazas e rapaces, por participar dun xeito ou doutro na idea e contribuír a que non se perda algo tan valioso como saber rir dun mesmo.

 

Moi orgullos@s da nosa rapazada!!!!!!!

 

 

 

 
What do you want to do ?

New mail

Reservas 2020-2021 para ensinanzas de adultos no IES Laxeiro

Formularios para efectuar a reserva en ensinanzas de adultos ( ESA e BACHARELATO)  no IES Laxeiro para o curso 2020-2021.

Durante este mes de xuño e posteriormente en setembro podedes cubrir os seguintes formularios para  os estudos de adultos

que se ofertan no instituto.

ENLACES PARA REALIZAR A RESERVA:

ESA, ESO PARA ADULTOS

Fai click para abrir -> https://docs.google.com/forms/d/1Ql1KheO4qBU15d1v4XsKmK9S38rsNYKaImc023BWnyM/edit

ALUMNADO QUE INICIA ESTUDOS DE BACHARELATO

Fai click para abrir -> https://docs.google.com/forms/d/1gIDJYBmMFS-RhOf48lRjMlTgQxmdTGVAXUYgjPjcuzg/edit

ALUMNADO QUE CONTINÚA ESTUDOS DE BACHARELATO

Fai click para abrir ->https://docs.google.com/forms/d/1zAd4kcF3eC6-KowToOZV-v4t7nKwhnq49lOo4N16SQ0/edit

 

Para consultas e dúbidas a resolver chamar ao teléfono que aparece nos propios formularios

Horarios exames finais ciclos formativos xuño 2020

Según ordena a lexislación de avaliación de ciclos formativos, Orde de 12 de xullo de 2011  e a Resolución do 26 de xullo de 2019 de desenvolvemento de ciclos, no seu punto 4.3 , publicamos, para todo o alumnado de 1º ou 2º ano de ciclos, que perdeu o dereito a avaliación continua, o  horario de exames finais curso 2019-2020.

Debido a situación de pandemia COVID_19, os departamentos que así o decidiran nas adaptacións das programacións, poderán utilizar este mesmo horario para recuperación de alumnado de 2º ano con  pendentes de  1º ano. Tal como remarcan as Instrucións complementarias do 28 de maio as probas finais non serán presenciais, senón telemáticas.

 

Fai click para descargar -> Horario de exames finais ciclos formativos 2020

Adaptacións das Programacións Didácticas curso 2019-2020 debido á situación do COVID-19

Debido á situación do COVID-19, realizáronse variacións con respecto ás Programacións Didácticas publicadas ao principio deste curso 2019-2020.

Presentamos á toda a Comunidade educativa do IES Laxeiro o Documento coas Adaptacións das Programacións Didácticas, con referencia lexislativa ás Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

O profesorado realizou ás adaptacións das programacións didácticas de cada materia, de cada curso e de cada grupo. Logo, foi revisado polo Equipo Directivo co refrendo dos Xefes de Departamento e remitido á Inspección Educativa.

 Fai Click aquí para descargar o arquivo

Documento PDF -> Adaptacións das Programacións Didácticas curso 2019-2020

 

Restablecemento do procedemento de admisión alumnado curso 2020-2021

Reanúdase o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes con fondos públicos , polo tempo que restaba, de xeito que se iniciará o luns. día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes. O calendario do proceso pódese consultar no arquivo adxunto

Calendario do proceso

Resolución da Consellería

Por motivos de seguridade e prevención de riscos da pandemia establecerase un protocolo baseado nas normas que aconsellan as autoridades sanitarias  e as propias da Consellería de Educación.

Protocolo de atención ao público (Recomendaciós sanitarias)

1.- Procurar chamar ao centro con anterioridade para fixar unha hora de atención aproximada.

     Para entrar avisar desde o videoporteiro que está a carón da porta de entrada ao centro.

2.- Manter as distancias tal como están sinaladas no recinto de secretaría

3.- Acudir ao centro só unha persona e sen a presencia de nenos/as

4.- Vir coa documentación preparada e fotocopiada

5.- Acudir con mascariila preferentemente.

6.- A entrada da zona de secretaría, haberá xel de mans para limpiarse.

7.- O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h.

8.- Recórdase que todo este proceso tamén se pode realizar telemáticamente a través da seguinte dirección:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

 

Documento guía para a adaptación das actividades lectivas

Presentamos a toda a Comunidade educativa do IES Laxeiro o Documento - Guía de adaptación das actividades lectivas e que ten como referencia as Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Un documento elaborado polo Equipo Directivo co refrendo dos Xefes de Departamento en reunión da Comisión Pedagóxica e co visto bo do Claustro do Profesorado.

Con el tratamos de clarificar e explicar tanto a alumnado coma aos pais e nais as normas e adaptacións que imos a seguir no centro durante esta 3ª avaliación para avaliar a todo o noso alumnado neste ano tan complicado debido ao COVID-19.

 

Documento- Guía

Instrucións da Consellería

 

Os alumnos e alumnas de Bioloxía de 4º ESO do noso centro, actúan coma Inspectores Ambientais.

Os alumnos de Bioloxía de 4º ESO do IES Laxeiro, dentro do programa do Proxecto Ríos, realizaron unha inspección do río Pontiñas para valorar a súa situación e calidade ambiental.

Esta inspección guiada consiste no estudo das características biolóxicas, físico-químicas e hidromorfolóxicas deste ecosistema fluvial. Para iso, levamos a cabo fundamentalmente técnicas de análise da auga (osíxeno disolto, nitratos, temperatura e PH), un estudo dos macroinvertebrados empregados como bioindicadores e da biodiversidade de fauna e flora.

A actividade axudou ademáis aos alumnos a valorar e a concienciarse do respecto polos nosos ríos a través da experimentación e o coñecemento que achega a metodoloxía propia do traballo de campo.

 

#Euquedonacasa

Axiña estaremos convosco no IES Laxeiro!

 

 

 #Euquedonacasa

Video editado pola Comunidade Educativa do IES Laxeiro para o alumnado e familias.


Para o alumnado e familias do IES laxeiro

 

Sirva de testemuña esta carta que escribiu para vos e para as vosa familias unha profesora do IES Laxeiro. A través dela queremos manifestar todo o que sentimos e e todo que desexamos neste momentos tan duros tanto o Equipo Directivo, coma o profesorado do voso centro.

 

                                                                                                Avaliación e semana santa

Moi bo día a todas e todos,

Antes de nada, espero que estedes ben e levando esto o mellor posible. Como sabedes, hoxe fixemos a avaliación, así que mañá, a partir das 13:00 horas publicaranse as notas. Se alguén ten problemas e non lle chegan que mo faga saber, ou por correo ou ao teléfono.
Como sabedes tivemos que poñer as notas sen os últimos exames, pero asegúrovos que o profesorado tiñamos notas de clase abondo de cada alumno/a. Intentamos ser o máis xustos posibles, dadas as condicións.
Sei que todo esto está sendo complicado, que moitos alumnos/as están agobiados porque enviamos moitas tarefas. Para nós esto tamén é novo, estamos intentando traballar doutra forma, todo o día pegados ao ordenador contestando correos. Estamos intentando facelo o mellor que podemos, e as cousas que vexamos que non funcionan ben ir cambiándoas. Tamén estamos investigando o alumnado que poda ter problemas de conexión a internet ou falta de medios (oredenadores) para poder solucionalo, a equipa directiva está traballando a tope con este tema, e con todos os demais, asegúrovolo.
Quero darvos as GRAZAS porque entendo que non é sinxela esta situación, estar en casa, teredes seguramente traballo tamén, e a maiores atender aos vosos fillos/as, que seguro se queixan de que os facemos traballar moito, pero a maioría estano facendo moi ben, estou moi orgullosa de cómo se están adaptando a estas circunstancias tan complexas.
Para a semana descansamos, pero á volta de semana santa poreime en contacto con todas/os para comentarvos os resultados da avaliación e informarvos, en canto nolo comuniquen, de cómo imos traballar no terceiro trimestre.
Espero que estedes ben, moitas grazas e coidádevos moito.

Unha profesora do IES Laxeiro

 

                                                                                   

 

Distribuir contido