Taboleiro

Xornada de cohesión TEI

O pasado día 7 de abril desenvolvemos unha xornada de cohesión, enmarcada no programa TEI (Titoría entre iguais), protagonizada polos alumnos e alumnas de 1º da ESO (titorandos) e os de 3º de ESO (titores). Titores e titorandos participaron nunha serie de actividades e xogos onde a cooperación entre ambos se tornaba imprescindible: Cruzar o río, Eu guío, A miña prenda... No video podedes ver algúns momentos da xornada.

Igualdade e feminismo na biblioteca do IES Laxeiro

Celebra coa Biblioteca do IES Laxeiro o día 8 de marzo, Día da Muller Traballadora

Igualdade e Feminismo

"Manequin Challenge" polo Día de Rosalía

#RosaliaTe no IES Laxeiro     #24defebreiro     #sempreRosalía

Un ano máis, dende a biblioteca do IES Laxeiro quixemos colaborar coa iniciativa da AELG conmemorando o Día de Rosalía; propuñan realizar un "Manequin Challenge" que representase un dos seus poemas. Nós escollemos "A xustiza pola man" e este é o resultado:

 

Alumnado de 3º ESO - Titores do Programa TEI (Titoría Entre Iguais).

Aquí temos ao noso alumnado Diplomados para o Programa TEI (Titoría Entre Iguais).

 TEI 1

 

TEI 2 

 

O IES Laxeiro contra a violencia de xénero, un ano máis

O centro desprega a súa maquinaria igualitaria este 25 de novembro, aínda que non só, xa que todo o ano programa unha serie de actividades que poñen o foco na igualdade do home e da muller, tendo en conta que a nosa adolescencia construirá a sociedade do futuro. Un futuro que só pode ser mellor se os mozos e mozas que poboan as nosas aulas cren nun mundo igualitario e solidario. De aí que durante todo o ano diferentes organizacións e ONG paseen polos nosos corredores lembrando a todo o alumnado a importancia da construción social igualitaria.

Esta semana, a actividade do 25N céntrase nos seguintes aspectos:

.- Exposición de libros pola Igualdade baixo o cartel “Para que non exista a violencia debe existir a igualdade”

.- A primeira hora da mañá, para todo o centro, o alumnado de 4º ESO –C realizará unha performance que pon a ollada máis directa sobre o problema do control na adolescencia. Control das redes sociais e control do xeito de vestir, a performance é unha metáfora do que están a vivir unha parte de mozas e mozos na nosa sociedade actual.

.- Lectura de relatos e poemas en contra da violencia de xénero.

.- A segunda hora da mañá o alumnado de 1º de ESO realizará unha plantación de flores violetas en lembranza das mulleres asasinadas este ano 2016.

.- Durante os recreos, e no salón de actos, toda comunidade educativa está convidada a deixar a súa repulsa persoal contra esta lacra social.

.- “Homes pola igualdade”: fotografías de homes con diferentes lemas que apostan pola igualdade.

.- Ás 12, o alumnado de 4º de ESO estará no concello participando activamente na denuncia da violencia

.- O sábado 26 o alumnado dos clubs de lectura de 4º ESO e 1º Bacharelato serán contacontos de lecturas pola igualdade no Pontiñas.

Programa de Gratuidade de Libros de texto 2016-2017

Publicación das listaxes de adxudicación definitiva e complementaria dos libros de texto para os niveis de 1º ESO e 3º ESO para o curso 2016-2017

 

- Listaxe de adxudicación definitiva

- Listaxe de adxudicación complementaria

Aberto o prazo para cursar estudos de adultos tanto na ESA como Bacharelato no IES Laxeiro

Ata o 15 de setembro está aberto o prazo para inscribirse e matricularse en estudos de ESA e Bacharelato nas modalidades de Ciencias e Ciencias Sociais no IES Laxeiro de Lalín.

Os/as intersados/as poden acudir tanto a Xefatura de Estudos coma Secretaría e Dirección para informarse das diferentes ofertas que poden solicitar para o curso escolar 2016-2017.

Tanto a circular 4/2016 que regula o Bacharelato de adultos como a Circular 5/2016 que desenvolve a ESA explican o funcionamento destes estudos.

- Impreso de inscrición e matrícula na ESA

- Impreso de inscricción en Bacharelato

 

Relación de Libros de texto para o curso 16-17 no IES Laxeiro

Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2016-2017. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro.

-Relación de libros  ESO

-Relación de Libros de Bacharelato

-Relación de libros ce Ciclos F.P

-Relación de libros de Adulos

Quedaban pendentes para setembro as materias de L.Galega de 2º e 4º de ESO

Admisión ce Ciclos Medios e Superiores para o curso 2016-2017

Desde o luns, día 27 de xuño, ata o martes , día 5 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2016-2017. A Orde do 15 de xuño que regula este proceso de admisión sairá no DOG do vindeiro luns día 27. Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 27 de xuño ata o 7 de outubro.

Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde a partires do luns teredes o impresos de solicitude de admisión.

Clases sen fume 2015-16: DES-MÁRCA-TE DO TABACO

   

Pois sí! Como xa informaramos, 2º ESO C fora seleccionado para os premios do programa CLASES SEN FUME polo vídeo “Des-Marca-Te do tabaco” e o martes 14 o grupo acompañado do titor Manuel Busto e da coordinadora Ana Gulías, foi a Santiago.

Alí tivemos a sorte de compartir un bo rato cos compañeiros/as doutros centros (IES de Teis, IES Xulián Magariños de Negreira, IES Castroverde, Mercedarios de Verín, IES Otero Pedrayo de Ourense…. entre outros) e despois de moitos nervios descubrimos que ganaramos o 1º premio da categoría de actividade creativa, así como o premio de actividade innovadora para o titor.

Así que a finais de xuño desfrutaremos de 5 días no albergue xuvenil As Mariñas en Gandarío, nun campamento multiaventura.

Gracias aos docentes que colaboraron con nós, (Quiroga, Xosé Manuel…), felicitar a 1º B e 1º C que tamén concursaran e animarvos a todo o alumnado de 1º e 2º ESO do curso 2016-17 para que participedes.

Distribuir contido