Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
3º E.S.O.Visita exposiciónsO vindeiro xoves 13 de novembro, dentro das actividades da Semana da Ciencia, o alumnado de 3º ESO visitará en Santiago dúas exposicións relacionadas coas matemáticas: - De como aprendemos a contar e os aparellos empregados (Facultade de Matemáticas - Campus Sur) - Escher e as matemáticas (Sala de exposicións de Sargadelos) Estas exposicións estarán abertas ao público en xeral ao longo de toda a semana para aqueles que esteades interesados.
Viaxe ao Laboratorio de Metroloxía de GaliciaO alumnado de 3º da E.S.O. viaxou o martes 19 de maio ao Laboratorio de Metroloxía de Galicia (Como? Meteoroloxía?... NON, Metroloxía), no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense. A actividade estivo organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química. Na mesma o alumnado puido coñecer de primeira man cal é a importancia das unidades e dos seus patróns, ver parte dos departamentos e aparatos de medida do laboratorio e para rematar facer xogos e obradoiros relacionados co mundo da medida. Ver fotos. Visita á fundación Laxeiro en VigoDentro do conxunto de actividades organizadas para conmemorar o centenario do nacemento de Laxeiro, ven de realizarse unha visita á fundación Laxeiro en Vigo. A actividade foi organizada polo Departamento de Actividades Extraescolares, estivo dirixida a 3º de E.S.O. e tivo lugar durante a mañá e parte da tarde do luns 28 de abril.
|
Novos números
|