3º E.S.O.

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

O 30 de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º da ESO do IES Laxeiro participaron na visita á sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia permitiulles achegarse á institución e ver “in situ” as actividades que se levan a cabo nesta institución.

A través dunha visita guiada foron coñecendo os diferentes espazos que conforman o Parlamento galego, coñecer o funcionamento dos órganos de goberno, as función, e visitar as distintas dependencias dos grupos parlamentarios, ademais de ver as diversas coleccións artísticas e bibliográficas coas que conta o Parlamento.

Ademais, puideron poñer en práctica a actividade iniciada na aula de: creación de grupos parlamentarios e iniciativas político-cidadáns. Os/as vocais de cada grupo parlamentario puderon subir á tribuna do Salón de Plenos, defender as súas propostas que foron sometidas a votación dos compañeiros e compañeiras que ocupaban as cadeiras do hemiciclo.

O IES Laxeiro participa no XOGADE (deporte en idade escolar): campo a través en Silleda

Este mércores 4 celebrouse no recinto ferial da semana verde de Silleda unha nova edición do “Cross escolar”, actividade programada dentro do XOGADE que é o plan de deporte en idade escolar da Xunta de Galicia.
74 alumnos/as do IES Laxeiro de 1º, 2º e 3º da ESO tomaron parte nunha competición na que tiveron que facer un percorrido que rondaba 1 km de lonxitude, nunha mañá fría e solleira que permitiu desfrutar ao alumnado dunha xornada de actividade física ao aire libre. 
Salientar o bo comportamento de todos/as participantes, rematando con esforzo as súas probas e con resultados meritorios, con especial mención a Ihcene Bouchaila, que rematou en 2º posto na categoría infantil feminina e Jacobo Guerreiro que foi terceiro na cadete masculina.
Parabens a todos e un agradecemento especial ao profesorado que colaborou co departamento de EF (Sara e Mónica).

Para ver as fotos debes identificarte coa túa conta @ieslaxeiro.com

Deporte escolar: campionato de bádminton n'A Estrada

Este martes 14 de maio celebrouse n'A Estrada a fase zonal da modalidade de Bádminton, correspondente as competicións do programa Deporte Escolar, organizada pola Xunta de Galicia. Alumnado de Silleda, A Estrada, Moraña e Lalín participaron nas categorías infantil e cadete masculino e feminino. 22 alumnas e alumnos do IES Laxeiro acudiron acompañados polo profesorado de EF, gozando dunha xornada deportiva con moi bo ambiente, na que fixeron labores de arbitraxe e de competidores. Parabens a todos e todas polo voso esforzo e comportamento.

badminton 2019 A Estrada

Visita do centro londiniense Vicente Cañada Blanch

O pasado venres 10 de maio o IES Laxeiro recibiu a visita de tres docentes e 28 estudantes de galego do IE Cañada Blanch de Londres que percorreron Galicia en viaxe de estudos. Son algo máis dun terzo dos 75 alumnos e alumnas que estudan o galego no centro educativo londiniense grazas ao convenio asinado, no ano 1991, entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura e Turismo, e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Ao igual que en anos anteriores, os alumnos e alumnas que estudan o galego no IE Cañada Blanch de Londres, da man da profesora Begoña González, chegaron á nosa comunidade para realizar a que denominan Viaxe da lingua, unha actividade que ten o obxectivo de perfeccionar o idioma propio de Galicia e a súa cultura.
Con este fin participaron nunha xornada de intercambio lingüístico e cultural co alumando das seccións bilingües de 3º de ESO do Laxeiro. O programa incluíu unha visita ao Castro Tecnolóxico e casa do concello, da man da concelleira de cultura Lara Peña, e a recepción por parte do alcalde Rafael Cuiñada vila pontevedresa; coñeceron ademais Castrodeza (Centro de interpretación da cultura castrexa), o Museo Etnográfico Casa do Patrón e participaron nun obradoiro de elaboración de pan. O día rematou nas Termas de Outariz, en Ourense.
Nesta viaxe da lingua coñeceron a praia das Catedrais, a cidade de Lugo coa súa muralla romana, a casa de Rosalía de Castro en Padrón e A Coruña, onde visitaron a Domus. O completo programa de actividades dos estudantes do centro londiniense complementouse co percorrido pola capital de Galicia onde tiveron a oportunidade de asistir a un partido do equipo de baloncesto Obradoiro e gozar da gastronomía galega.

Blog Galego en Londres
Facebook Galego en Londres

   visita IE Cañada 

Difusión da reunión en Langogne - Francia

O alumnado participante na actividade transnacional de aprendizaxe, ensino e aprendizaxe celebrada en Langogne (Francia), no marco do proxecto Tunnel of Time,difundiron o traballo e experiencias vividas no programa ao compañeiros-as de 4º e 1º de ESO. Aproveitamos tamén para dar a coñecer os programas que levamos a cabo en FP.

Difusión Langoge ToT

TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019

Calendario do torneo de bádminton

Image by nwrsdesign on Pixabay

               

Clasificación individuais 1º - 2º ESO

       Grupos

 

Clasificación individuais 3º - 4º ESO_1º BAC

               

Clasificación dobres

Image by nwrsdesign on Pixabay

               

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para acceder aos documentos debes entrar coa túa conta de @ieslaxeiro.com


 

Visita á Sede do Parlamento de Galicia

Visita ao Parlamento 2019O 7 de febreiro as alumnas e  alumnos de 3º de ESO do IES Laxeiro  participaron nunha visita á sede do Parlamento de Galicia, sita no Pazo do Hórreo, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Ciencias Sociais permitiulles achegarse e coñecer esta entidade, que representa o pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da nosa  Comunidade Autónoma.


Alí aprenderon as funcións do Parlamento, coñeceron os principais órganos e procedementos lexislativos e de control,  visitaron as diversas dependencias nas que desenvolven o seu traballo as deputadas e deputados,  e mesmo practicaron as labores parlamentariasocupando os asentos do Salón de Plenos, debatendo propostas e facendo intervencións no hemiciclo ante os compañeiros.


Ademais gozaron  dos espazos que ofrece o impresionante edificio e da ampla colección de arte galega contemporánea exposta nas diversas dependencias, onde debemos destacar a vidreira de Laxeiro que ilumina a entrada pola que dá inicio a visita.

 

Visita Virtual do Parlamento de Galicia


 Fai Click Aquí para ver mais fotos...

 

 

Estadía en Langogne (Francia) de alumnado do IES Laxeiro

Do 7 ao 13 de febreiro unha delegación do IES Laxeiro atópase visitando a localidade francesa de Langogne, no departamento de Lozère, onde se atopa o Collège Marthe Dupeyron, a escola de acollida. Esta vila, medieval duns 3200 habitantes, constitúe a porta nordeste da rexión Languedoc-Rosellón. Esta visita enmárcase no proxecto Erasmus+ “Tunnel of Time”, cofinanciado pola Comisión Europea, no que o noso instituto participa xunto con centros de Finlandia, Turquía e Francia. Tras unha primeira presentación á comunidade escolar, a delegación internacional foi recibida polo alcalde do comuna, o equivalente ao noso concello.
No intercambio participan seis estudantes de 4º de ESO e os profesores Loli F. Villanueva e Xosé M. García. Ademais de convivir coas familias anfitrioas e integrarse na vida escolar do centro de acollida, comparten os resultados das actividades relacionadas co proxecto. Nesta ocasión 30 estudantes dos países socios poñen en común unha visión interxeracional sobre a vida laboral de avós, pais e responsables de negocios ou empresas, a través de entrevistas a estes colectivos nos diferentes países. Así, dentro das visitas do programa, inclúese a visita á residencia de anciáns da pequena localidade occitana e a unha das escolas de Educación Infantil. A anterior reunión tivo lugar en maio pasado en Lalin e a temática versou sobre a perspectiva de xénero en diferentes grupos de idade, desde preescolar a avós.
A historia e cultura da área que acolle aos estudantes tamén forman parte do programa, incluíndo varias visitas como a da cidade próxima de Le Puy-en-Velay onde comeza unha das grandes vías francesas de peregrinación a Compostela, a que pasaba por Conques en dirección a Roncesvalles.
A experiencia está a resultar altamente enriquecedora desde o punto de vista  da interculturalidade, da aprendizase de linguas e das habilidades de vida.

 

Entrevistas sobre a vida laboral

O alumnado participante no proxecto Tunnel of Time entrevistou a persoas xubiladas, en activo e responsábeis de negocios ou empresas locais de cara a obter unha modesta visión interxeracional. Os resultados compártense cos obtidos polos países socios e coméntanse nos espazos comúns e reunións internacionais.

Destacada participación do IES Laxeiro no campionato escolar de campo a través

Preto de 900 escolares da comarca do Deza participaron na fase zonal do campionato escolar de campo a través, enmarcado no programa XOGADE. O IES Laxeiro competiu con 75 alumnas e alumnos de 1º, º e 3º de ESO, desafiando ás duras condicións meteorolóxicas, con moito frío e abundante choiva. As profesoras Sara, Olalla, Cristian e Ricardo exerceron as labores de acompañamento e preparación.

O equipo do Laxeiro completou unha notoria participación coa práctica totalidade dos-as atletas, nas distintas categorías, finalizando as carreiras e acadando varios podiums.

Os-as medallistas son:

  • Luís León, de 1º de ESO, prata en categoría infantil.
  • Mencía Payo, de 3º de ESO B, prata en categoría cadete feminino.
  • Claudia Ferradás, de 2º de ESO A, bronce en categoría cadete feminino.
  • Nuno Rivero, de 2º de ESO , prata en categoría cadete masculino.

Parabéns para todas-os  os-as participantes!

   

Distribuir contido