Xadrez. Final do campionato MGB 2012/13

Moita igualdade nesta final entre o campión das dúas últimas edicións, Sergio Pampín, e o alumno de 4º ESO, Martín Mato Búa. Ámbolos dous atópanse a unha vitoria para gañar o campionato. Sergio con negras utilizou a defensa dos dous cabalos para responder ó ataque das brancas de Martín. Neste intre teñen as mesmas pezas perdidas: un cabalo negro e un alfil branco. Ámbolos dous están intentando atacar co cabalo para conseguir unha posición na que lograr vantaxe cunha ameaza rei-torre. As partidas teñen lugar nos recreos dos martes e xoves.