Baile de disfraces

Grazas pola vosa participación no baile de disfraces, entre tod@s fixemos un pouco máis divertido este venres de entroido. Easpecialmente felicitamos aos alumn@ de 2º de bacharelato pola súa presenza. Parabéns aos gañadores. As fotos están subidas a este álbum de Flickr.


Charla

O xoves, día 23, de 12:45 a 13:35 horas alumn@s da materia de Artesanía e alumn@s de 1º de bacharelato de Artes asistirán a unha charla ofertada pola Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra. Organizada polo departamento de Orientación. Sala de usos múltiples.

Obradoiro

O vindeiro xoves, día 23, os alumn@s de 2º ESO A asistirán na súa clase de Educación Física a un obradoiro de circo impartido por especialistas da Escola Municipal de Circo da Estrada TRASTADA.

Intercambio - Videoconferencia

Hoxe, mércores 15, ás 13:35 horas, terá lugar unha video-conferencia entre os participantes no intercambio do noso centro e @s alumn@s participantes do Collége Jean Jaurès de Moutferneil (Francia).

A Odisea 2012 do MGB

Hoxe celébrase en Santiago e Betanzos o desempate do concurso de Cultura Clásica Odisea 2012, no que participaron os alumnos "clásicos" do MGB. Non puidemos estar aí, pero vivimos un intenso xoves pelexando con temible preguntón, con algunha "odisea compostelana" incluída. Pero hoxe somos todos quizais un pouco máis sabios. Pagou a pena.


Clube de Foto no MGB

Este venres vaise crear no MGB un clube de Foto, onde se poderán apuntar os alumnos e profesores que queiran.

A idea e sacar fotos, subilas ao blog, intercambiar cámaras e outras cousas que vaian xurdindo.

A cita é no primeiro recreo (10:25 h.) do vindeiro venres 17 de febreiro na Aula de Debuxo Artístico, onde se programará a primeira saída fotográfica (tense pensado levar a cabo unha ao mes).

Animais Artificiais

O vindeiro venres, 24 de febreiro, ás 21:00 terá lugar o pase da película Animais Artificiais, do Taller de Creación Artística deste centro, no Teatro Principal da Estrada. A entrada é gratuita.

Premios Extraordinarios de Bacharelato

O vindeiro mércores 22 de febreiro, ás 11:00 horas, terá lugar na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o acto de entrega dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010-2011.

Os nosos alumnos, Cristian Carbajales Neira e Marta Rodríguez Castro, fixéronse merecedores dun deles entre un total de 20 en toda a comunidade autónoma.

Premios

As alumnas Mariña Pena (1º ESO C) e María Villamor (1º ESO Agrupamento) resultaron gañadoras do primeiro e segundo premio na súa categoría no concurso Typewriter da Cidade da Cultura. Noraboa ás gañadoras e á profesora Marisa. 

 Esperamos que tod@s sigades participando nos concursos promocionados no instituto.

"Pedigreé" na prensa

O Diario de Pontevedra publicou o mércores 8 de febreiro de 2012 unha nova sobre a curta de animación sobre o maltrato aos animais na que traballa actualmente o Taller de Creación Artística deste centro.

Entrega de premios e pase

Hoxe 10 de febreiro no Teatro Principal da vila serán visionados os traballos presentados ao Certame de trailers de películas ficticias de terror e procederase ao reparto de agasallos entre todos os participantes. Participa 1º ESO de Agrupamento de galego co tráiler titulado "O camiño máis curto".

Our idols

Exposición de traballos feitos pol@s alumn@s de 2º A e 2º B da ESO carrespondentes á materia de Inglés sobre os seus deportistas e artistas preferidos. A exposición está no corredor da planta baixa.

1ª fase do III campionato de xadrez MGB

Finalizada a 1ª fase do III campionato de xadrez MGB,  realizada polo sistema de liga, da comenzo esta nova fase na que os alumnos clasificados disputarán eliminatorias pasando ás semifinais o que máis puntos obteña logo de tres partidas. Os emparellamentos, feitos ó chou, son os seguintes:

Novo libro

Acusamos recepción do libro EL PÓRTICO DE LA GLORIA. Música, arte y pensamiento, de parte da Universidade de Santiago de Compostela.

A nova adquisición permanecerá na biblioteca do Centro para uso de toda a comunidade educativa.

Entroido

O vindeiro venres de entroido, día 17, nas dúas últimas horas de clase da mañá celebramos toda a comunidade educativa un baile de disfraces. Animádevos a participar, daremos tres premios individuais e tres premios de grupo.

Distribuir contido