Receitas de Lectura

Dende a MeGaBiblioteca seguimos pendentes da saúde lectora da comunidade educativa coa quinta entrega da serie de "Receitas de Lectura".

Neste mes de abril será o departamento de Educación Física quen nos prescriba á lectura de "Subcampeón", especialmente indicada para persoas interesadas polo mundo do fútbol pero tamén para outras completamente alleas, que simplemente teñan conciencia ou curiosidade polos temas de saúde mental.
"Subcampeón" es una autobiografía desternillante, cruda y honesta, entre la comedia y la angustia, cocinada a cuatro manos entre Gurrutxaga y Ander Izagirre, que discurre entre los bares de música bakalao de Elgoibar y las discotecas pijas de Madrid, que salta de la consulta de la psicóloga a la playa de Copacabana, y por donde desfilan personajes como Javier Clemente, Toshack o David Bustamante. Un libro que se lee como un tobogán: rápido, divertido y con un poco de miedo.
 

Xinkana matemático-literaria

Co gallo da celebración do día PI  o alumnado da ESO participou nunha xinkana matemático-literaria na que debían resolver varios enigmas e acertixos cuxas respostas aparecían agochadas nunha serie de libros relacionados coa matemática. Por suposto, os mellores detectives matemáticos tiveron a súa recompensa! Queres saber quenes foron os máis audaces? Mira na galería de fotos.
A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca.


Receitas de Lectura

Dende a MeGaBiblioteca continuamos ocupándonos da saúde lectora da comunidade educativa coa cuarta entrega da serie de "Receitas de Lectura".


Neste mes de abril será o departamento de Economía quen nos prescriba á lectura de "El libro prohibido de la economía", especialmente indicado para os lectores con inquedanzas sobre a realidade económica.
 

Visita dos amigos de Amboage

O pasado venres tivemos o pracer e o honor de recibir no noso Centro a unha representación da veciña Residencia Amboage. Pasamos un moi bo rato compartindo con estes amigos unha 1ª tourne pola noso instituto (vestíbulo/cafetería/biblioteca -con acompañamento e guía por parte dos seus responsables) e amenizado polo alumnado de Coro de 1º de Bach.
O grupo foi recibido pola vicedirectora e acompañado dende o minuto 1 polo alumnado de 2º da ESO que desenvolve este curso a materia Proxecto Competencial todos os xoves na súa Residencia. Grazas a tod@s @s que fixestes posible esta extraordinaria experiencia.

Máis fotos da visita na nosa galería Flickr.

Alumn@s do MGB na Masterclass COMPUTACIÓN CUÁNTICA

Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro: Pablo Brey Arca, Alejandro Cobas Correa e Fernando Sanmartín Sangiao participarán o venres 12 de abril na MASTERCLASS “COMPUTACIÓN CUÁNTICA” organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

 

Poderán desfrutar dunha actividade científica a nivel internacional, con charlas sobre o mundo da computación cuántica e unha sesión práctica na que terán a oportunidade de utilizar un ordenador cuántico.

 

Os detalles da xornada poden consultarse na seguinte ligazón:

 

https://indico.cern.ch/event/1395459/overview

 

Excursión de 4º ESO a Tenerife

Dos días 16 ao 20 do pasado mes de marzo o noso alumnado de 4º de ESO desfrutou da súa viaxe de fin de etapa a Tenerife. Participaron en distintas actividades como a visita ao Parque Natural do Teide, Siam Park e Loro Park.

Estiveron acompañad@s pol@s profesor@s Alejandra Pérez, Anxo Fernández e Brais Prieto.

Algunhas das fotografías pódense consultar na nosa galería Flickr.

Xornadas de UniStem Day

O venres 22 de marzo os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato de Bioloxía e Anatomía asistiron á xornada do UniStem Day, dedicada á investigación sobre células nai, organizada polo grupo de investigación da enfermidade de Parkinson do CIMUS en Santiago de Compostela.

Charla para 1º Bacharelato

O xoves 21 de marzo, o alumnado da área de Bioloxía e Anatomía de 1º de bacharelato gozaron dunha charla formativa sobre os ósos que conforman o noso corpo, impartida polo profesor da UDC Isaac Fontes.

Máis fotos na nosa galería Flickr.

Concurso de Microrrelatos e micropoemas "Luisa Villalta"

O ENL do IES García Barros comunicou na pasada semana as persoas gañadoras no Concurso de Microrrelatos e micropoemas "Luisa Villalta" do ano 2023-2024, convocado por todos os Equipos de Normalización Lingüística do concello, e que representarán por tanto, ao noso centro, na XI Festa das Palabras que terá lugar no vindeiro mes de Maio no Teatro Principal da Estrada.

Noraboa a todas as persoas que participaron no centro, complicando moito a escolla dos gañadores e gañadoras, que finalmente foron:

Na categoría de Micropoemas:
Mariano Ramírez Hurtado, 2º ESO B
Antía Pérez Lodeiro, 4º ESO B
Andrés Díaz Vázquez, 1º BAC C

Na categoría de Microrrelatos: 
Hugo González Porto, 2º ESO B
Carla Campos Valcárcel, 4º ESO A
Soledad Zixía Chedas Ferrín, 2º BAC A
Queda todo o mundo convidado a asistir á Festa das Palabras!

Visita a Santiago

O 5 de marzo de 2024 o Departamento de Xeografía e Historia realizou unha saída cultural a Santiago para os alumnos de 2º de bacharelato que cursan Xeografía, Historia da Arte e Patrimonio de Galicia.

Os alumnos/as de Xeografía, acompañados pola profesora Esther Sánchez Recio, participaron na XV Olimpíada de Xeografía, na facultade de Xeografía e Historia, convocada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos de Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. 

Os alumnos de Arte e Patrimonio de Galicia, acompañados pola profesora Beatriz Mera Pérez, foron visitar, mentres tanto, o casco histórico de Santiago, o Pazo de Xelmirez, a Catedral, as cubertas e o museo da mesma.  

Pola tarde todo o grupo visitou o Pórtico da Gloria, a Casa do Cabido e o Museo das Peregrinacións.

Pódense consultar as fotos da actividade na nosa galería Flickr.

Día Internacional da Muller

O alumnado de 4º de ESO na materia de dixitalización e o alumnado de 1º BAC na materia de Tecnoloxía e Dixitalización, participaron na realización de dúas actividades para comemorar o Día Internacional da Muller que se celebrou este venres pasado, 8 de marzo. En 4º ESO dedicáronse a editar algunhas imaxes para crear unha composición e en 1º BAC crearon o xogo de "quen é quen" feito con cartón que posteriormente decoraron. En ámbolos dous casos as imaxes de partida eran de mulleres científicas de contrastada relevancia tales como: Begoña Vila, Ángeles Alvariño, Idoia Ochoa, Laura Lechuga, María Blasco... e tamén Ada Lovelace e Marie Curie.
Toda persoa interesada poderá ver no pasillo que vai á biblioteca do MGB algunhas desas imaxes expostas na parede e se alguén quere xogar un pouco a "quen é quen" poderá levalo a cabo no interior da biblioteca.
Podedes ver algunhas fotos da xornada na nosa galería Flickr.

Probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado

A Consellería de Educación publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que curso ensinanzas de ESO e Bacharelato en Galicia no curso 2023/2024.

Alumnado que cursa 4º da ESO:

  • Co graduado da ESO recibirá o certificado que acretide o nivel de iniciación.

  • Poderá acreditar o nivel intermedio a través dunha proba específica que se celebrará no mes de maio no propio centro.

Alumnado que cursa 2º de Bacharelato:

  • Co titulo de bacharelato acreditará as áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio

  • Poderá presentarse a unha proba específica para acreditar a área 4 do nivel intermedio, que se celebrará no mes abril no propio instituto.

Para solicitar participar nas probas, o alumnado interesado deberá presentar na secretaria do centro o anexo IV debidamente cuberto, con data: venres, 15 de marzo de 2024.

Máis información do Marco Galego de Competencias Dixitais nesta ligazón.

Novos éxitos de Arabia Al Bachere

Parabéns de novo á nosa alumna Arabia de 2º Bacharelato polas dúas medallas acadadas no Campionato Galego sub-20 en Pista Cuberta: subcampioa galega en 400 metros e bronce nos 200 metros lisos.

Máis detalles no Faro de Vigo e en La Voz de Galicia.

Campionato Galego de Salvamento

O Club de Natación e Salvamento da Estrada ao que pertencen varios dos nosos alumn@s da ESO vén de lograr un grande éxito na súa participación no Campionato Galego de Salvamento celebrado a pasada fin de semana en As Pontes. Parabéns a tod@s!

Pódese consultar a nova en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo.

Admisión de alumnado para o curso 2024-2025

Quen ten que presentar a solicitude de admisión?

Todo o alumnado procedente doutros centros educativos que desexe estudar o próximo curso no IES Manuel García Barros, excepto os que veñan do CEIP Pérez Viondi, CEIP do Foxo ou CEIP Cabada Vázquez e fixeran a reserva de praza no seu momento.

O alumnado dos CEIP nomeados anteriormente, ao estaren adscritos ao noso, ten asegurada a praza e só deberá realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño.

Cal é o prazo de presentación? 

Do 1 ao 20 de marzo ambos incluídos.

Que deberán presentar na secretaría do centro?

  • Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a
  • Copia do libro de familia ou documento que acredite o nº de membros da familia
  • Se é o caso, copia da sentencia de separación ou divorcio

Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:

  • Publicarase a listaxe provisional de admitidos e excluídos o 25 de abril.
  • O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
  • Publicarase a listaxe definitiva de admitidos o 15 de maio.

Prazo de formalización da matrícula ordinaria:

Do 23 de xuño ao 7 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).

Distribuir contido