Fase zonal do Campo a través XOGADE 2023

   O mércores 11 de outubro o alumnado de 1º e 2º da ESO participou dunha xornada deportiva nas instalacións das pisicinas municipais da Estrada, compartindo as carreiras de campo a través co alumnado dos centro educativos de primaria e secundaria da nosa contorna.
   O noso centro contou cunha ampla representación e estiveron acompañados tamén por unha boa parte do profesorado do centro, co que puideron disfrutar dunha xornada lectiva diferente na que a climatoloxía tamén axudou.
   Destacar os bos resultados dos nenos e nenas do noso centro en todas as categorías, grazas ao seu esforzo e participación, que lles permitirá clasificarse para participar nas seguintes fases das probas de XOGADE, na modalidade de campo a través.

Día das escritoras

O alumnado do ámbito lingüístico de 3º PDC celebrou o 16 de outubro, Día das Escritoras, lendo textos recomendados desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares e elaborando carteis alusivos a alguhas das escritoras. Animámosvos a ler eses ou outros escritos de autoras e a ver as fotos do noso traballo.

Máis imaxes na galería Flick.

Probas para acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 e C1

A Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades convoca, a través da Resolución do 29 de setembro de 2023 publicada no seu portal, a xestión das probas de nivel lingüístico para o alumnado. Destinado ao alumnado matriculado en Bacharelato e 4º de ESO no curso 2023-2024, que poderá acreditar a competencia en lingua estranxeira non niveis B1, B2 e C1.

O IES Manuel García Barros solicitará participar nesta convocatoria, para o que é necesario determinar o alumnado interesado, que debe entregar no centro, antes do día 27 de outubro de 2023, o compromiso individual asinado pola familia que pode descargar nesta ligazón.

HORA DE LER, iniciamos un novo curso

   Nesta primeira semana de Outubro comeza Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnado e profesorado disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.

Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.

REUNIÓN-PRESENTACIÓN DAS FAMILIAS CO PROFESORADO TITOR E CO EQUIPO DIRECTIVO

A reunión-presentación das familias co profesorado titor e co equipo directivo do IES M. García Barros para o curso 23/24 realizarase o mércores 27 de setembro coa seguinte distribución horaria: 

      HORA          NIVEL                 LUGAR DE ENCONTRO                  
      16:30 h    1º ESO

     Sala de Usos Múltiples e, despois, co

     profesorado titor de cada grupo na súa

     aula de referencia.

      17:00 h    2º ESO
      17:30 h    3º ESO
      18:00 h    4º ESO
      18:30 h    1º BAC

Libros de Texto - Curso 2023/2024

Na seguinte ligazón poden consultar as listaxes dos libros de texto para o vindiero curso 2023-2024.

IMPORTANTE: Aquelas familias que non sexan beneficiarias do Fondo Libro ou do préstamo da ANPA recomendamos que agarden aos primeiros días de clase, ata coñecer ao profesorado que impartará as materias - que lles indicarán que se empregarán ou non libro -, para mercalos.

Mural "grafiteado" no noso instituto.

   Os alumnos Manuel Míguez Sangiao e Luca Nehuén Barreiro Infanzón deseñaron e pintaron, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, un mural no muro interior do IES para poñer en valor a figura de Don Manuel García Barros. O noso agradecemento polo fantástico traballo realizado, conseguindo así realzar a figura do gran escritor que da nome ao noso centro.

Quen puidera namoralas!

   Emotiva despedida ás profesoras Teresa Filloy  e  Marisa Otero. Alumnos e profesores do IES García Barros homenaxearon o pasado mércores 21 de xuño a estas dúas profesoras, agradecendo a súa dedicación e o seu exemplo ó longo destas décadas. O centro deséxalles un moi bo xubileo recordándolles que sempre serán benvidas nesta súa casa.

Devolución libros ANPA - Bacharelato

O alumnnado beneficiario do préstamos de libros da ANPA o curso 2022-2023, agás aquel que se presente á convocatoria de xullo das ABAU, debe devolver todos os libros.

Para a recollida dos exemplares estarán no centro representantes da ANPA o día 3 de xullo.

Recordamos que a devolución dos libros é un requisito para poder beneficiarse do préstamo o vindeiro curso.

Saca os libros de vacacións!!

Saca os libros de vacacións!!!

Podes levar ata 3 libros da MeGaBiblioteca e devolvelos en setembro.

Estaremos ata o día 30!!!
 
Achégate ou contacta connosco en megabiblioteca@iesgarciabarros.org para coñecer os horarios de préstamo.
  
PD: Lembra devolver os exemplares que tes agora en préstamo.
 

Devolución libros Fondos Solidario da ESO

Todo o alumnado beneficiario do Fondo Solidario de Libros o curso 2022-2023 debe devolver todos os libros que teñen en préstamo antes do 23 de xuño de 2023.

LUGAR: Laboratorio de Química (situado na primeira pranta en fronte á aula de 2º ESO A)

DATAS E HORARIOS: Días 22 e 23 de xuño de 10:30h a 13:00h.

Recordamos que a devolución destes libros é un requisito para poder ser beneficiario do Fondo Solidario o próximo curso.

Festa das Palabras, xuño do 2023

O martes, 6 de xuño, celebrouse noTeatro Principal da Estrada a X edición da Festa das Palabras. Neste acto, o alumnado gañador do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos recibiu os exemplares que recompilan os seus textos. Exerceu de madriña escritora Charo Goldar, que puxo en valor os traballos dos rapaces e rapazas e fixo fincapé na importancia de empregar a nosa lingua para "crear unha obra única”.

Grazas a todas as persoas participantes, e parabéns ao alumnado gañador, en especial ao do noso centro:  Noa Rico, Estela Riera, Iago Durán, Elías Pérez e Soledad Zixia Chedas.

Presentación dos resultados do Estudo do Consumo Bebidas azucaradas, estimulantes e enerxéticas nos CEIPs do Foxo e Pérez Viondi.

O alumnado de 3° da ESO, participante o curso pasado 2021/2022 no proxecto interdisciplinar dos departamentos de matemáticas, tecnoloxía e educación física, centrado nas bebidas enerxéticas, trasladou os resultados do noso IES ao alumnado dos CEIPs para concienciar sobre a importancia de retrasar a idade de inicio de consumo deste tipo de bebidas.
O proxecto iniciado o curso pasado, no marco do Contrato Programa de innovación EDUSaúde, detectou unha alarmante tendencia ao consumo precoz de bebidas enerxéticas no noso alumnado, polo que decidimos colaborar cos centros de primaria da contorna na labor de educar na promoción de estilos de vida saudables e tentar evitar o consumo deste tipo de bebidas.
Agradecer a boa acollida do alumnado e profesorado destes centros, valorando moi positivamente o traballo dos rapaces e rapazas que se animaron a facer estas exposicións.

Unha medallista entre o noso alumnado de 1º de bacharelato

O noso centro congratúlase de ter unha alumna medallista no Campeonato de Galicia Sub-18. Noraboa a todas pola notable participación e felicitacións á nosa alumna medallista.

Noticia no Faro de Vigo

Noticia na Voz de Galicia

Clip musical do alumnado de artes escénicas de 4ºESO

Os alumnos e alumnas de Artes Ecénicas de 4º da ESO amósannos un pequeno clip musical cantado por eles mesmos.
Autores: Shawn Mendes y Camila Cabello
Voces do videoclip: Ariadna Puente e Guillermo Valladares 
Participantes: Guillermo Valladares, Olalla Valladares, Ariadna Puente y Marcela Torrado 
Distribuir contido