Magosto no MGB

O vindeiro venres, 6 de novembro, terá lugar a celebración, un ano máis, do “Magosto”. Contaremos con música tradicional, xogos populares e  degustación de castañas asadas. A actividade terá lugar entre as 12:45 e as 14:15 horas. Agardamos pasalo moi ben e que o tempo nos acompañe.