Sally Heathcote, Sufragista

Púrpura, branco e verde. Tres cores representan á National Women´s Social and Political Union, unha liga de mulleres extraordinarias que loitaron por conquistar dereitos humanos que no contexto ríxido e clasista da Inglaterra eduardiana brillaban poloa súa ausencia.

Sally Heathcote é unha traballadora doméstica e unha das fundadoras deste movemento, que reclama o dereito ao voto para as mulleres. A desobediencia civil, a estratexia política, a acción directa e a reivindicación a pé de rúa van dictar a traxectoria feminista de Sally.

Mary M. Talbot, Kate Charlesworthe e Brian Talbot, constrúen unha historia sobre a lealdade, valentía e dignidade dun grupo de mulleres que lograron abrir unha portas que sempre estiveran pechadas. Máis información nesta reseña do diario "La Vanguardia".

No ano 2015 estrenouse tamén unha película sobre este tema.

Nº Rexistro na MeGaBiblioteca: 19.330

Captura de pantalla 2016-01-08 11.19.04.png