Gústanos o Nadal!

Pois iso, porque nos gusta o Nadal queremos axudarvos a facer un agasallo moi especial.

Por que non regalar un anaquiño de tempo...

Escolle un libro da biblioteca, un que che gustara e queiras compartir cunha persoa especial *, lévao en préstamo para as vacacións, ofrécello, que o disfrute e, iso si, á volta de xaneiro devólvelo.

Ata cho imos envolver en papel de regalo!