Distribución de máscaras entre o alumnado da ESO

A Consellería publicou a Orde pola que se regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado da ESO no curso 2021-2022 (código de procedemento ED330E).

O prazo de solicitude será do 15 ao 26 de novembro de 2021 (ambos inclusive).

  • Non ten que presentar solicitude e terá dereito ao reparto de máscaras todo o alumnado beneficiario do Vale de Axuda de Material Escolar no presente curso.
  • Poderá presentar a solicitude o alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias pero:
    • Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (A renda que se ten en conta é a do ano 2019).
    • Alumnado matriculado en Educación Especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude deberá presentarse na secretaría do centro mediante os Anexos I e II da convocatoria xunto coa copia do libro de familia onde figure o alumno e o resto de membros da familia. No caso de separación ou divorcio deberá achegar copia da sentencia.