OBRADOIRO RCP con alumnado de 1ºESO

   O Venres 26 de maio o alumnado de 1ºESO acudíu ao recinto feiral durante dúas horas da mañá para participar nun obradoiro RCP, organizado polo concello da Estrada, o centro de saúde, emerxencias a Estrada e en colaboración co 061. Trátase dunha actividade que se enmarca dentro dunha intervención comunitaria que forma parte do plan local de saúde.

   O noso agradecemento ao persoal sanitario e de emerxencias que adicou este tempo a mostrarlle de forma práctica ao alumnado a importancia de coñecer estas técnicas de reanimación, moi necesarias ante situacións que poden xurdir en calquera momento da nosa vida cotiá.