Deportes, Novas Deportes, Deporte no MGB

Novo triunfo de Mehdi Nabaoui

O pasado domingo o noso alumno de 2º ESO B Mehdi Nabaoui clasificouse no primeiro posto da categoría sub-18 do Campionato de España de Campo a Través por Clubes disputado en Xixón.

Parabéns!

Máis información nesta ligazón.

Mehdi.jpg

Novos éxitos das deportistas do MGB

As aslumnas do MGB Ana Carbón e Marta Sanamartín veñen de acadar o pasado fin de semana o terceiro posto no Campeonata de España de Bádminton na categoría sub-13 e na modalidade de dobres.

Por outra banda, Rosa Rivadulla e Laura De La Fuente, alumnas tamen do noso centro, acadaron o primeiro e terceiro posto respectivamente no Camponato Galego de ximnasia artística, nas modalidades de minitramp e cama elástica.

Desde o MGB queremos felicitar as catro deportistas e animalas a continuar adestrando e  demostrando que estudios e deporte son sempre compatibles. Noraboa.

Medalla de Prata de Bádmiton para Pablo Sanmartín

O alumno de 1º de Bacharelato A do noso centro, Pablo Sanmartín obtivo unha medalla de prata no Campionato de España Sub 17 de Bádminton. Ver nova.

Campeona de España de marcha atlética no MGB

A alumna do MGB Carmen Escariz Mella (3º ESO) ven de proclamarse Campeona de España de Marcha Atlética na proba celebrada en Málaga o pasado fin de semana. Desde o noso centro queremos darlle os parabens e animala a seguir adestrando e competindo. Noraboa.

Alumno de 2º ESO A Campión de España de Bádminton

Miguel Barbado Fernández de 2º ESO A do centro proclamouse Campión de España de Bádminton en dobles mixtos na Categoría Sub-15. Noraboa ao gañador.

Alumna do centro Medalla de Ouro de Marcha Atlética

A alumna de 3º ESO do noso centro Carmen Escariz Mella proclamouse campiona de España de Marcha cadete na localidade granadina de Guadix. O Faro de Vigo do martes 11 de decembro recolle a nova.

Alumnas do centro na competición de Badmintón

O Faro de Vigo do 21 de novembro recollece "o altísimo nivel" das alumnas do noso centro Nerea Gestoso e Andrea Gutiérrez que foi determinante para a victoria do Clube Reale A Estrada A na segunda xornada da Liga Galega de Clubes disputada en As Neves. Ver noticia.

Noraboa a Fabián Penas

O alumno de 2º de ESO do MGB Fabian Penas ven de acadar o campeonato de España de bádminton sub-15 na modalidade de dobres. Fabian únese a longa lista de grandes xogadores e xogadoras do club Reale-Thebes de A Estrada que cursaron ou cursan estudios no MGB (Pablo Sanmartín, Ana Reino, Nerea Gestoso...). Toda a comunidade do MGB queremos felicitalo a el e aos seus compañeiros polos magníficos resultados que están conseguindo en competicións de ámbito nacional e internacional. Moito ánimo e seguir buscando novas metas.

Partido homenaxe a Antonio Chao

Mañá mércores, as 12:00 horas, terá lugar un partido homenaxe a Antonio Chao entre os profesores e os alumnos de 1º de Bacharelato.

Así o ve Marcos Regueiro, de 1º de BAC.

Campionato de Bádminton

No Campionato Provincial de Bádminton disputado os días 2 e 3 de Abril, nas Neves algúns d@s nos@as alumn@s acadaron os seguintes resultados:

  • Na categoría infantil individual masculino, Fabián Penas obtivo a medalla de prata, e Manuel Brea tamén entrou na zona alta.
  • Na categoría cadetes feminino, Ana Reino obtivo o ouro e Nerea Gestoso a prata.

¡Noraboa a tod@s!

Bádminton. GP Tordesillas sub15-sub19.

No GP de Tordesillas sub15-sub19 disputado este fin de semana en Tordesillas, Valladolid, Andrea Gutiérrez e J. Manuel Padín perderon na final de dobres mixtos en dous sets moi axustados contra os navarros Nelly Iriberri e Íñigo Urramoi, favoritos para o campionato
Ángela Soto e Andrea Gutiérrez perderon na semifinal de dobres femininos nun partido axustado a tres sets contra Asturias,  que integraba no seu equipo a unha xaponesa e unha cántabra, Zhao Min e Lorena Uslé.

5543343473_cca9294fae.jpg

Éxito do alumnado do MGB no I Encontro Estatal de Bádminton de centros escolares

Aínda que TODOS os alumnos e alumnas que participaron representando ao noso centro no I Encontro Estatal de Bádminton de centros escolares fixeron un gran papel, cómpre destacar as medallas de bronce acadadas por:
  • Diego Otero Cortizo (1º BAC-A).
  • José Manuel Padín Durán (2º ESO-B).
  • Jesús Pereiro Castro (3º ESO-A).
  • Pablo Sanmartín Andújar (2º ESO-A).
Deste feito, que corrobora á Estrada como unha potencia no Bádminton a nivel estatal, fixo chegar os seus parabéns ao noso centro a propia Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia.

Por suposto, tamén a nosa noraboa de toda a comunidade educativa aos nosos grandes deportistas. 

Boa actuación de Ricardo Váquez na carreira de Monforte

O profesor de Educación Física do MGB Ricardo Vázquez quedou noveno na segunda carreira popular de Monforte, na que participaron 280 corredores, facendo un tempo de 22 minutos e 3 segundos, ao percorrer os sete kilómetros da carreira.

Dámoslle dende aquí a nosa noraboa

Deportistas de élite no MGB

Durante a semana pasada varios alumnos e alumnas do MGB acadaron grandes éxitos nas súas modalidades deportivas.

En bádminton, Pablo Sanmartín (2º eso) obtivo o galardón da Deputación de Pontevedra como "Mellor deportista promesa masculino"  no ano 2009. 

Nesta mesma modalidade deportiva, Ana Reino (3º eso), José M. Padín (2º eso) e Pablo Sanmartín, foron convocados pola selección española de bádminton para acudir a unha competición internacional que se celebrarán no vindeiro mes.

Por outra parte, o 27 e 28 de febreiro celebrouse en A Estrada o "II Campeonato Galego de 10 bailes", no cal Luis M. García Martínez (3º eso) acadou a victoria xunto a Alba M. L. na categoría de Junior II. 

Noraboa a todos e moito ánimo para os adestramentos e vindeiras competicións.

Bádminton no MGB

Moitos alumnos do MGB atópanse no equipo de bádminton da Estrada. No ultimo mes gañaron varios títulos a nivel nacional, e un dos alumnos quedou campión de España na categoria sub 13. Para saberes máis pulsa aqui.

badminton.jpg
Distribuir contido