Saltar navegación.
Inicio

Matrícula de alumnado da convocatoria de setembro

O alumnado que se presentou á convocatoria de setembro deberá formalizar a matrícula (se non o fixo en xuño) o día de entrega de cualificacións, o venres 4 de setembro até as 14 h. 

Deberá achegar fotocopio do DNI e unha foto tamaño carné. Asimesmo, o alumnado que se matricule en 3º ESO ou superior, deberá pagar as taxas do seguro escolar.

Entrega de notas da convocatoria de setembro 2020

No arquivo adxunto pódese consultar o horario e instrucións para a entrega de notas da convocatoria de setembro 2020. 

Aberto o prazo de admisión para ciclos de FP

O prazo de admisión para ciclos de FP comeza o 25 de xuño e remata o 8 de xullo ás 13 h. 

Podedes acceder á aplicación de admisión premendo nesta ligazón.

Libros de texto para o curso 2020-21

Aquí podedes consultar a información sobre os libros de texto para o curso 2020-21 (ESO e BAC).

Calendario de probas extraordinarias da convocatoria de setembro

Publicamos o calendario de probas extraordinarias de setembro (curso 2020-21).

Listaxe definitiva de admitidas/os no IES Marco do Camballón para o curso 2020-21

Poderedes consultar no centro a listaxe definitiva de admitidas/os (1º ESO) para o curso 2020-21. 

Listaxe provisional do reparto de Fondo Libros

Poden consultarse no centro os datos provisionais do reparto de Fondo libros cara o curso 2020-2021. En setembro publicaranse as listaxes definitivas (antes do día 14).

Datas de matrícula do curso 2020-21

Publicamos as datas de matrícula e horarios para o curso 2020-21. Están distribuídas por cursos e franxas horarias a fin de evitar aglomeracións. 

Protocolo de entrega de notas do curso 2019-20

Consulta o arquivo adxunto para coñecer a data, horario e instrución específicas para o procedemento de entrega dos boletíns de notas do curso 2019-20.

Listaxe provisional de admitidas/os no IES Marco do Camballón para o curso 2020-21

Podedes consultar no centro a listaxe provisional de admitidas/os no IES Marco do Camballón para o curso 2020-21 (curso 1º ESO). A listaxe definitiva publicarase o 22 de xuño. Proximamente comunicaranse as datas para a formalización da matrícula.

Distribuir contido