Skip to Content

AULA DE SOLDADURA 3D

admin3

 

O Departamento de Fabricación Mecánica (Soldadura) estrena novo equipamento dixital e virtual. 

Logo de participar no programa “Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas convencionais en espazos de tecnoloxía aplicada na F.P.”, a aula de referencia de Soldadura, a D4, contará cun importante protagonismo na formación das novas tecnoloxías, para o cal e grazas a dito programa foi adquirido diverso equipamento tecnolóxico de última xeración, entre o que destacan un simulador de soldadura de realidade aumentada, unha pantalla interactiva, dous ordenadores de altas prestacións, un escáner 3D, una cámara 360º, gafas de realidade mixta e de realidade virtual, unha impresora multifunción color A3 xunto con diverso mobiliario de aula.

Dito equipamento vaille permitir ó alumnado impulsar a súa capacidade innovadora e creativa empregando as novas tecnoloxías ao mesmo tempo que potencian as destrezas dixitais e, por outra banda, coñecerán de primeira man a nova realidade, as realidades virtuais, fomentando así un espazo propicio para o desenvolvemento de metodoloxías de ensino activas.

Este proxecto conta cunha dobre importancia, pois ademais de ser o único acadado entre os distintos centros de toda a mariña supón un novo salto cualitativo na formación que o centro ofrecerá ó seu alumnado.

 

Esta actuación está financiada pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia así como pola Unión Europea-NextGenerationEU cun total de 55000.



page | by Dr. Radut