Achegamos uns enlaces con consellos e recomendacións sobre o benestar emocional, recursos para o tempo na casa e maneiras de afrontar a ansiedade que poden resultar de interese para as persoas con TEA e para as súas familias ante esta situación que estamos a vivir.
Recordatorio: O alumnado beneficiario das becas NEAE ten de prazo para a presentación das mesmas ata o día 30, recomendando a súa presentación antes de dita data.
Lémbramos que é necesario que nos remitan as facturas xustificativas das becas de educación especial dos alumnos que recibiron terapia durante o verán. É imprescindible que conste nelas o nome do alumno/a e o selo e a sinatura do terapeuta ou da empresa emisora.
O 18 de maio publicouse a convocatoria para a solicitude de Axudas para Alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) que se pode ver no seguinte enlace:
No DOG do mércores, 18 de maio de 2022 publícase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar que se pode consultar nos seguintes enlaces:
O prazo permanecerá aberto ata o día 22 de Xuño (incluído)
INFÓRMASE QUE NO CURSO 2022/23 O CENTRO ESTÁ INCLUÍDO NO PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL) PARA 1º ESO , 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. O alumnado destes cursos está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, se reúne os requisitos establecidos na orde.
Está semana tivemos a xornada de acollida do alumnado de 6º de Primaria no centro, durante a cal os nosos futuros alumnos dos centros adscritos do Landro, O Vicedo, Celeiro e Galdo visitaron as instalacións do noso centro: aulas, cafetería, salón de actos, etc.
O programa ORIENTALINE, ao que se pode acceder no seguinte enlace: https://www.elorienta.com/movil/?yafxb=81736 ou facendo clic na imaxe de abaixo, conten información actualizada sobre:
- Grados universitarios e nota que se necesita para acceder.
- Formación Profesional: ciclos de Grado Superior, Grado Medio e novos títulos de FP Básica.
- Ensinanzas Artísticas Superiores.
- Outros estudos: ensinanzas deportivas, idiomas, etc.
Solicita para os estudos que pensas realizar, durante o proceso poderás cambiar os estudos que realmente vas cursar.
REMATA A SOLICITUDE CORRECTAMENTE:
Asegúrate de imprimir o RESGARDO DE SOLICITUDE.
CORREO ELECTRÓNICO:
Todas as COMUNICACIÓNS serán DIRECTAMENTE AO INTERESADO por CORREO ELECTRÓNICO. Revísao periodicamente, os requirimentos de documentación fanse por este medio. En AGOSTO comunícase por e-mail aos interesados se poden ser beneficiarios de beca ou non enviando un correo electrónico.
Durante o proceso, poderás facer alegacións, pero tes que estar pendente das comunicacións que recibirás por e-mail, para que non se che pasen os prazos.
Xa non queda nada para rematar o curso! Para botarvos unha man, achegámosvos unhas breves presentacións sobre os diferentes estudos aos que podedes acceder ao rematar a etapa da ESO. Se tes algunha dúbida ponte en contacto co Departamento de Orientación.
Finalizades unha etapa e é hora de tomar decisións! Sabemos que pode ser complexo, así que para botarvos unha man achegámosvos unhas presentacións para que coñezades as diferentes opcións académicas ás que podedes acceder:
Ante as numerosas dúbidas formuladas en relación ás bolsas do MEFP e as prazas de residencia para estudos non universitarios deixamos un resumo informativo que esperamos sexa de axuda.
Sabemos que o alumnado de 2º de bacharelato está a piques de examinarse da ABAU e por iso queremos compartir uns consellos de última hora e desexarlles ánimo neste tramo final e por suposto, moita sorte.
Xa queda pouco para matricularse nun novo curso da ESO! A continuación deixámosvos unhas pequenas presentacións explicando as diferentes eleccións que se poden facer en cada un deles. Se despois de consultar esta información vos queda algunha dúbida, poñédevos en contacto co Departamento de Orientación.
Continuando coa orientación vocacional engadimos as diferentes opcións ás que podes acceder se finalizas bacharelato ou FP, tanto de grao medio como superior. Coma sempre, calquera dúbida, consulta co Departamento de Orientación.
Finalizades unha etapa e é hora de tomar decisións! Sabemos que pode ser complexo, así que para botarvos unha man achegámosvos unhas presentacións para que coñezades as diferentes opcións ás que podedes acceder.
Se tes algunha dúbida ponte en contacto co Departamento de Orientación.
O departamento de orientación pon a vosa disposición unha pequena presentación para que vos poidades seguir orientando neste tempo de confinamento. Tamén vos deixamos unha serie de recursos web complementarios para botarvos unha man nesta tarefa. E por suposto, podedes consultar calquera dúbida con nós a través do correo electrónico ou se o preferides, pedir cita para unha vídeoconferencia.