Skip to Content

Dinamización do Sarmiento

21 Días co Galego-Concurso para as familias

                                  
   

  

Presentación corporativa de aventuras de relax 

Digocho eu

Correlingua 2022

Este mércores dia 5 de outubro celebrose o correlingua coa actuación en concerto de Pauliña e a asistencia de máis de 1000 estudantes da Mariña.

O IES María Sarmiento levou 160 alumnos de 1⁰ e 2⁰ de Eso

            

 

Visita Arantza Portabales

O pasado venres tivemos a sorte de contar ca presenza de Arantza Portabales e con Eva de Editorial Galaxia. O alumnado quedou encantadou e fixéronlle un montón de agasallos a Arantza!

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Con motivo do día das letras galegas o alumnado de 1º de ESO co seu profesor Manuel Leitón e os alumnos de 4º ESO coa profesora Luz Sierra, elaboraron unha exposición de carteis con retratos e datos biográficos máis relevantes do autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas: Florencio Delgado Gurriarán. Este escritor tivo que pasar gran parte da súa vida exiliado, vivindo en terras mexicanas e dende alí traballou para manter viva a cultura galega.

Con motivo desde festividade, a profesora de música María Ron organizou un obradoiro de regueifas cos regueifeiros Pinto d'Herbón de Luís "O Caruncho" que terá lugar maña mércores no teatro Pastor Díaz. 

Concurso de fotografía urbana: O GALEGO ESTÁ NA RÚA

Visita da autora Ledicia Costas

 

Durante a maña de onte puidemos gozar da visita da escritora Ledicia Costas falándolles das súas obras O Corazón de Xúpiter, Unha estela no vento e Golpes de Luz ao alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. Grazas a Edicións Xerais de Galicia e a profesora do departamento de galego Luz Sierra por organizalo.

 

 

 

8M: Día da muller traballadora

Con motivo do 8M dende os departamentos de Orientación/Convivencia/Educación Plástica e Visual promovemos o concurso de carteis do día internacional da muller. No recreo tivemos un acto de entrega de premios a gañadora Antía López Fernández de 3º ESO C e aos finalistas dos mellores carteis elaborados.

Tamén conmemoramos esta sinalada data cunha peza da Xeración do 27 interpretada por Andrés Sospedra de 4º de Eso e un pequeno manifesto reivindicativo que leu Lucía Carretero Fernández.

 

  

 

     

O pasado martes coincidindo coa finalización do mes das letras galegas, o equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actuación do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO reproducindo a canción TERRA das TANXUGUEIRAS.

Hoxe mércores 18 de Maio, o alumnado do IES Vilar Ponte e do IES María Sarmiento, gozaron do espectáculo de improvisación “Regueifas”, enmarcado no programa das Letras Galegas 2022 no teatro Pastor Díaz.
A rapazada gozou dun espectáculo que mestura os versos e a risa, enxalzando o uso da lingua galega en todos os ámbitos. A mocidade implicouse no espectáculo, contribuíndo a manter unha tradición galega como son as regueifas.

O alumnado de 2º de ESO coordinados polo seu profesor de galego López Leitón confeccionaron máscaras, receitas e cantigas con motivo do entroido.

 Xa temos chío gañadora do I concurso de chíos: Marina Fernández Polo de 2ºC. Entregan o premio Susana Quintela e Alicia Yáñez organizadoras do concurso.

      

 

O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía durante no recreo co alumnado de 4º da Eso que recitaron varios poemas da autora.

  

Equipo de dinamización da lingua

O 18 de Outubro celebramos o día das escritoras, conmemoración iniciada en España en outubro de 2016 para recuperar o legado das mulleres escritoras, facer visible o traballo das mulleres na literatura e combatir a discriminación que sufriron ao longo da historia.

A celebración, de carácter anual, convócase o luns máis cercano á data do 15 de outubro, festividade de Teresa de Xesús.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a biblioteca convoca o I Concurso de chíos de amor. O día 2 de febreiro é a Candeloria, preludio da primavera e data na que según di o refrán casan os paxariños. 

Desde o día 2 ata o 11 de febreiro escribe unha mensaxe breve en galego co teu nome e curso na parte traseira nos post-its que atoparás no tenderete do equipo de Dinamización Lingüística.

Escribe todos os chíos que queiras e sorpréndenos ca túa orixinalidade. Iremos publicando no Instagram da biblio @bibliomasa e do EDGL @dinamizaciondosarmiento as vosas propostas! 

O día dos Namoradxs, 14 de febreiro, decidirase o chío gañador. Sorte!

  • Susana Quintela Díaz (Coordinadora)
  • Xosé Cabana (Dep. galego)
  •  Luz Sierra  (Dep. galego)
  • Manuel López Leitón  (Dep. galego)
  • Pepe Casariego Guerreiro  (Dep. galego)
  • Alexandra  (Dep. galego)
  • Marta (Dep. castelán)
  • Marcos García Salido (Dep. castelán)
  • Timiraos (Xornal O Provisional)
  • Castedo (Adultos)
  • Ana Belén Cerdeiras (FP)
  • Ramón Martínez Pego (FP)
  • Alicia Yáñez (Biblioteca)
  • Ildara Pazo Pablos (Dep. francés e FP. Básica))
  • María (Dep. música)
  • Marta López Pértega (Dep. inglés e FPBásica)
  • Rosa (la administrativa)
  • Víctor (de la Cafetería)
  • Antía Ferreiro Lage (alumna de 2º ESO)
  • Nelson Ruiz-Jiménez Corujo (alumno de 2º ESO)
  • Paula Candia Salguier (alumna de 2º ESO)
  • Carla Rodríguez Bouza (alumna de 2º ESO)

Distribuir contido


by Dr. Radut