Skip to Content

Teño TDAH. E agora que?

admin3

Mércores, 8 de maio. Ás 18:30 h. Salón de actos IES María Sarmiento. Charla informativa dirixida a profesorado e familias.

Título: Teño TDAH. E agora que?

Poñente: NEREA LLERENA, Psicóloga sanitaria.

Fundación INGADA, Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados. Xurde en 2014 co obxectivo de dar asistencia en Galicia a persoas afectadas por TDAH e trastornos asociados e ás súas familias, dada a alta prevalencia destas patoloxías na nosa sociedade e as carencias existentes para a súa atención desde todas as áreas necesarias (clínica, educativa, social, familiar, laboral).



page | by Dr. Radut