Skip to Content

Alumnado de 1º CS Administración e Finanzas en Innova

admin3

O pasado 24, 25 e 26 de abril, o alumnado de 1º CS Administración e Finanzas presentou o seu proxecto de emprendemento en Innova.

Este proxecto foi creado dentro do programa Lanzadeiras e trátase de “Lévote Eu”; unha empresa de transporte de vehículos de renting con condutores privados e capacidade para 9 prazas que busca optimizar o tempo e reducir os custos e as emisións contaminantes en desprazamentos dende Viveiro ás principais cidades galegas.

A idea xurdiu do alumnado dado o precario servizo de transporte público que temos en Viveiro e captou a atención do Conselleiro de Educación Román Rodríguez e da da Directora Xeral de FP Eugenia Pérez.

Para chegar ao resultado final da creación da empresa "Lévote Eu", o alumnado traballou por proxectos nos distintos módulos do ciclo formativo, en equipo e de forma coordinada polos profesores, enfocando de forma práctica os contidos teóricos e estimulando o espírito emprendedor do alumnado.

No módulo de Comunicación e Atención ao Cliente traballaron toda a parte de Marketing e atención á clientela, en Xestión da Documentación Xurídica e Empresarial realizaron os trámites de creación e posta en marcha, en RRHH e RSC deseñaron o organigrama e a estratexia de responsabilidade social corporativa e no módulo de Ofimática realizaron o presuposto de tesoureira e crearon o logotipo e demais carteis publicitarios (flyers, tarifas de prezos, etc.).

                           



page | by Dr. Radut