Skip to Content

Criterio para elixir o alumnado en caso de demanda excesiva nunha materia optativa

Criterios para determinar a oferta de materias de libre configuración non obrigatorias e específicas (Aprobado no consello escolar o día 30/07/2018)

Proporcionar información axeitada ao alumnado e ás familias dos itinerarios elaborados e ofertados polo centro. Isto faise poñendo publicamente na páxina web do centro os impresos de matrícula de cada curso. Tamén cando Orientación fai unha previsión da matrícula para o vindeiro curso ao final de cada curso académico.

En 1º e 2º da ESO prevalecerán os criterios para a elaboración de grupos atendendo aos informes de Orientación, de Convivencia e do profesorado titor sobre a escolla dalgunha materia de libre configuración autonómica non obrigatoria concreta.     

Como idea xeral intentarase dar saída a todas aquelas peticións que solicite o alumnado e teñan o número mínimo legal para ser impartidas. Non obstante, hai certas condicións que poden impedir que todo o alumnado que solicitou unha materia a curse:

  • Demanda excesiva que conleve a necesidade de duplicar a materia;
  • Dispoñibilidade de profesorado, en xeral, ou de profesorado especialista, en particular;
  • Dispoñibilidade de recursos materiais do centro.

O criterio aplicable para seleccionar ao alumnado no caso de que haxa unha demanda excesiva nunha materia específica ou de libre configuración será, seguindo orde descendente ata completar o máximo legal: 

  1. Alumnado que non ten opción de elixir outra materia.
  2. Anterioridade no momento de realizar a matricula.

Acceso ao documento pdf completo. 



page | by Dr. Radut