Skip to Content

O alumnado de Administrativo visita a empresa Jim Sports en Palas de Rei

admin3

O alumnado da familia profesional de Administración e Xestión visitou o xoves día 2 de Febreiro as instalacións do Grupo Jim Sports en Palas de Rei. Unha ampla visita ao almacén, oficinas, ximnasio e zona de serigrafía desta gran empresa dedicada aos produtos deportivos, coñecendo de primeira man os primeiros pasos, actualidade, e plans de futuro, desta gran iniciativa emprendedora.

O artífice deste grupo empresarial é Jesús Manuel Graña, que creou a empresa fai 25 anos mentres preparaba a oposición a profesor de educación física co fin de levar o deporte a todos os lugares posibles.

A compra dun contedor de balóns de baloncesto foi o inicio dun gran soño feito realidade que converteu a Jim Sports nun centro loxístico deportivo de referencia a nivel europeo, que aposta, a contracorrente, por asentarse nun concello rural do interior de Galicia, para asentar un proxecto empresarial que da empregro a case 200 persoas e factura aproximadamente 10 millóns de €.

A innovación e o uso de novas tecnoloxías son piares fundamentais desta empresa que traballa para grandes multinacionais do sector como Nike, Decathlon, etc., pero que fai negocio principalmente coas pequenas tendas de deportes que podemos atopar nas nosas vilas e cidades e asociacións deportivas de toda a rexión.

 



page | by Dr. Radut