Non estivo mal a interpretación de fragmentos da sinfonía nº 1 en sol menor, op. 13, “ Soños de inverno”, de Pyotr Ilyich Tchaikovsky a cargo da Real Filharmonía de Galicia. Tivo lugar o 25 de xaneiro no Auditorio de Galicia.
O alumnado de terceiro curso de ESO viaxou a Santiago para asistir a esta posta en escena musical que resultou escasa e deixou gañas de seguir a escoitar a obra deste xenial compositor.