Responder ó comentario

Carta ás familias

Estimadas familias:

Pola presente comprácenos contactar con todos vós para recordar o noso correo electrónico: anpamguisela@gmail.com

Estamos para resolver se podemos dúbidas, axudar ás familias no que demanden e colaborar co Centro no que precise.

Dada a situación xerada coa pandemia, non se nos permiten Asambleas e, se queremos citarnos, ten que ser a través do Instituto e acatando o protocolo, de aí que sexa importante que usedes o correo. Mentres, seguimos intentando activar a Web que a Xunta ten para nos.

Este ano non podemos colaborar coas actividades nin facer cursos de Primeiros Auxilios, mais continuamos co préstamo de libros de texto, e a adquisición de libros para a Biblioteca de obrigada lectura. Ademais, dado que esta situación parece de largo recorrido, conseguimos mascaras para todo o alumnado do centro, coa diferenza que para socios/as, terán tamén unha de tela lavable gravada para filtros recambiables.

Recordade que para ser socios/as, a cota de 10 euros por familia se poderá abonar na Secretaría do centro ou na conta:

ABANCA ES33 2080 5280 1630 4004 4784

Estade atentos/as, xa que en breve haberá un Concurso do que seredes debidamente informados/as.

Sen máis esperamos que vos chegue a información da nosa labor e damos as grazas a quen son socios/as e fomenta que outros/as se asocien, recordade que somos parte da ComunidadeEducativa

Un saúdo

A directiva

Responder

Powered by Drupal - Design by artinet