Representación de A guerra das linguas

No marco do Proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística A literatura galega á escena, recentemente galardoado, o alumnado e o profesorado do IES Martaguisela acordamos crear e representar varias obras de teatro coas que fomentar o galego oral e, ao mesmo tempo dar a coñecer as épocas, obras e autoras e autores da nosa literatura.
A guerra das linguas, o segundo dos guións, representarase este venres 22 no noso centro. Trátase dunha sorprendente distopía ambientada no ano 2630 na que os personaxes lembran os duros acontecementos dos Séculos Escuros e, ao descubriren o seu pasado, descobren tamén como poden reverter a situación.
Cartel de A guerra das linguas

 

Powered by Drupal - Design by artinet