Actividades

Concurso Intercentros de Oratoria improvisada - Fase final no centro

Entre o luns 8 e o martes 9 celebrouse no noso centro a final do Concurso Intercentros de Oratoria improvisada. Os finalistas, que competirán con outros centros na gran final de Sarria do día 16 de abril son:
1ª categoría (1º e 2º de ESO): Daniel Rodríguez, Camino Núñez e Xoel Pungín.
2ª categoría (3º e 4º de ESO): Miguel Palmer, Ander Quintas e Lucía Rivera.
3ª categoría (1º e 2º de bacharelato): Sergio Ferreira, Diego Nogueiras e Duarte Domínguez.
Parabéns a finalistas e participantes na fase final, que tamén viaxarán a Sarria.
Grazas a profesorado e alumnado que se implicaron na actividade con entusiasmo.
O mércores 10 tivo a lugar a entrega de diplomas aos finalistas a cargo da directora Carmen Gamarra e a responsable de dinamización lingüística Marta Cortés.
Entrega de diplomas concurso oratoria, fase de centro
Logo EDLG

A guerra das linguas 23-24

O venres 22 de marzo puidemos desfrutar da representación da obra A guerra das linguas por parte do noso grupo de teatro que dirixe a profesora Marta Cortés.

Cartel de A guerra das linguas

Grupo de teatro do IES Martaguisela

Representación de A guerra das linguas

No marco do Proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística A literatura galega á escena, recentemente galardoado, o alumnado e o profesorado do IES Martaguisela acordamos crear e representar varias obras de teatro coas que fomentar o galego oral e, ao mesmo tempo dar a coñecer as épocas, obras e autoras e autores da nosa literatura.
A guerra das linguas, o segundo dos guións, representarase este venres 22 no noso centro. Trátase dunha sorprendente distopía ambientada no ano 2630 na que os personaxes lembran os duros acontecementos dos Séculos Escuros e, ao descubriren o seu pasado, descobren tamén como poden reverter a situación.
Cartel de A guerra das linguas

 

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN

                                   As nosas actividade están no                                                                                               apartado DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

 

   Estas e outras noticias  das que procuramos dar conta case semanal, están detalladas na páxina do noso centro e nas nosas RRSS:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmartaguisela/

@instimartaguisela  

 

     Ies Martaguisela    

 

    @IES Martaguisela                                                   

Powered by Drupal - Design by artinet