Idioma estranxeiro

The Big Challenge

Neste curso 2018-19, o departamento de inglés do IES Martaguisela tomou a decisión de participar no concurso a nivel europeo “The Big Challenge” para incentivar o uso do idioma e a posibilidade de aprender xogando. Con este propósito, comunicouse ao alumnado de ESO  do noso centro o funcionamento do concurso e animouse a que participaran no mesmo un mínimo de 35 estudantes que cursan os seus estudos en 1º, 3º e 4º de ESO.

Todo o alumnado participante está xa a practicar cos exercicios e xogos dos que dispoñen na páxina web do concurso, www.thebigchallenge.com , e serán inscritos no seu momento para poder participar nel no mes de abril. Máis de 640.000 estudantes participan no concurso cada ano en Europa!

Desexámoslles moita sorte e agardamos que poidan obter algúns dos moitos premios que se ofrecen, ademais de aprender novos conceptos  e reforzar os aprendidos.

Ánimo, Chic@s!

The Big Challenge

Powered by Drupal - Design by artinet