Varios

23 de abril: EXPOSICIÓN libro-película. ENTREGA de marcapáxinas e PREMIOS do Bibliojuego e do Edmallo Olímpico

O martes, 23 de abril Día do libro: exposición, entrega de marcapáxinas e premios no recreo. Se queres saber quen gañou pincha aquí.

O triatleta santiagués Antón Ruanova no noso IES

  Fotos dese encontro.

 Este traballo que, durante tres meses realizaron as oito alumnas de 2º da ESO que aparecen na imaxe, culminou nun encontro deste deportista con todo o alumnado de 2º da ESO (atentos e atentas durante dúas horas a todo o que Antón lles contaba).

 Foi o día 21 de marzo cando se levou a cabo esta entrevista. Preparouse unha presentación en ppt para reproducir imaxes, vídeos, unha mensaxe do seu compañeiro Alberto, vídeos coas palabras da nai do protagonista, etc. Todo para conseguir o obxectivo inicial: sorprender e emocionar. Non foi difícil porque Ruanova estivo cercano e moi receptivo en todo momento.

De novo, GRAZAS ANTÓN!

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN OLÍMPICA

Estes días están expostos os materiais que o alumnado traballou sobre os Xogos Olímpicos: aros olímpicos que saíron dos nosos talleres, carteis, un glosario plurilingüe, traballos de investigación científica por parte do alumnado sobre a importancia dos parques como "pulmóns" das cidades olímpicas,o doping no deporte, xogos, etc.


Ademais de enriquecer o noso centro con información moi diversa, permitirannos poñer en marcha varias actividades durante este mes de marzo. Unha delas, o Bibliojuego 2013 (que consiste en dar resposta a un cuestionario de corenta preguntas) xa comezou. Co Edmallo Olímpico escolleranse tres traballos da exposición. A entrega de premios farémola no mes de abril.

DÍA DA PAZ 2013


Baixo o lema "LENDO EN PAZ" sacamos unha selección de lecturas e unha breve reseña das mesmas á entrada da biblioteca.


Aquí tedes fotos de varias actividades: Fotos da celebración do día das bibliotecas escolares no noso IES. Fotos do "Día da Paz".



Publicación BIBLOS OLÍMPICO (2012-2013)

Pincha aquí para ver esta publicación.

Se pinchas aquí poderás saber máis dos "pulmóns olímpicos" das cidades dos Xogos...

AS MOCHILAS VIAXEIRAS SAEN NOVAMENTE DO CENTRO. SON cinco e unha delas é temática (Olímpica)

Mochilas que viaxan co noso alumnado para compartir ocio, lectura e xogos coas súas familias.

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS NO 1º NIVEL DA ESO

Cunha proxección en ppt (de 69 diapositivas) presentámoslles o espazo aos novos usuarios e usuarias da biblioteca (1º ESO).

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS: Entrega de carnés, marcapáxinas e sorteo de libros!

O tendal dos marcapáxinas

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS: Entrega de carnés, marcapáxinas e sorteo de libros!

MELLOR LECTOR - LECTORA DA BIBLIOTECA CURSO 2011-2012

Noraboa!

MELLOR LECTOR - LECTORA DA BIBLIOTECA CURSO 2011-2012

DÍA DO LIBRO 2012: COMPARTIMOS LECTURAS?

O día 23 de abril o ambiente que se respiraba na biblioteca era diferente a outras xornadas. Por unha banda, o dos nervios de quen recollía premios polo seu traballo no certame literario do departamento de Lingua castelá; por outra, o da nostalxia e a lembranza dunha exalumna que agora viña presentar un libro titulado Cuéntame un cuento e, ademais,  o da participación na actividade de compartir as nosas lecturas preferidas co resto da comunidade eductativa. Certamente, non era o de todos os días, había algo diferente...


BIBLIOJUEGO S. XIX

"BIBLIOJUEGO S. XIX" con 40 preguntas para este curso 2011-2012. Participa con este formulario (último día: 6 de marzo)


 


DÍA DA PAZ 2012


 


 

 



 

 



Os libros que forman parte da guía de lectura que elaboramos para o 30 de xaneiro "saíron" ó corredor e achegáronse a quen quixo facer uso deles. Preparamos unhas breves reseñas dos mesmos.

 

 



 

 

 


 

 


 


 


 


 


 







VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Visitamos co alumnado de 1º da ESO a biblioteca do concello

UN ANO MÁIS AS "MOCHILAS VIAXEIRAS" SAEN DE VIAXE

Este ano son cinco mochilas as que saen neste mes de decembro: unha por cada nivel e unha temática sobre o século XIX (tema seleccinado no Proxecto lector).

UN ANO MÁIS AS "MOCHILAS VIAXEIRAS" SAEN DE VIAXE

BIBLOS, NOVEMBRO DE 2011

Esta é a publicación Biblos que preparamos desde a biblioteca para este curso 2011-2012: un percorrido polo s. XIX

Distribuir contido